FSC-CCOO Galicia | 20 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos
    31/08/2023
    folga do persoal de Atento Coruña
    • Paro de 24 horas e unha concentración de traballadores e traballadoras o 8 de setembro

    CCOO apoia ao Comité de Empresa de Atento Coruña na convocatoria dun paro de 24 horas e una concentración o 8 de setembro esixindo a readmisión dos compañeiros e en defensa de os seus postos de traballo 

    02/02/2023
    Concentración do persoal de #GTMOTIVE en #Pontedeume

    CCOO apoia o comité de empresa de GT Motive S. L. na convocatoria dunha serie de xornadas de folga, que continuaran o día 17 de marzo.

    30/11/2021
    Asinado o plan de igualdade de tranvias da Coruña
    • En novembro de 2019 constituíuse a mesa negociadora do plan de igualdade

    Para CCOO, asinouse un bo plan que recolle as medidas necesarias para facilitar a integración real en igualdade das persoas traballadoras; agora é a Comisión de seguimento a encargada de velar polo cumprimento dos indicadores específicos do plan, o nivel de desenvolvemento dos obxectivos concretos e o seu grao de cumprimento.

    20/10/2021
    Concentración diante do centro de traballo de Abai, na Coruña, con motivo da folga (20/10/2021)

    Desde que tomou o mando, Abai Group pretende recortar as condicións de traballo do centro de chamadas coruñés, que emprega a máis de seiscentas persoas.

    20/10/2021
    Eleccións sindicais en Ciber@cloud

    As eleccións sindicais celebradas este mércores 20 de outubro proclamaron ao candidato de CCOO, Miguel Barreiro, novo delegado do persoal. 

    18/10/2021
    mobilizacións en abai group polas condicións laborais
    20 DE OUTUBRO ÁS 12 HORAS | A CORUÑA
    • O propio día da folga haberá unha concentración ás 12 horas diante da sede da empresa

    O comité de empresa de Abai na Coruña, a antiga Extel, irá á folga o mércores, 20 de outubro,para defender os seus dereitos laborais fronte á actual propiedade. Desde que tomou o mando, Abai Grouppretende recortar as condicións de traballo do centro de chamadas coruñés, que emprega a máis deseiscentas persoas

    09/04/2021
    Na fotografía, Xulgados de Vigo | Foto: Google Street View
    • Recibida a «luz verde» por parte do Consello Xeral do Poder Xudicial, o sindicato coida que «non caben máis escusas».

    CCOO coida que «non caben máis escusas», nin tampouco se poden «antepoñer intereses económicos aos criterios de servizo público».

    19/02/2021
    folga en Extel Coruña

    Unha vez máis as traballadoras e traballadores de Extel, unironse para plantarlle cara á empresa Extel na Coruña na convocatoria de folga de 24 horas en defensa dos dereitos dos dereitos conseguidos durante anos de loita que levaron a mellorar das condicións laborais dentro do sector.de telecomunicacións

    24/10/2020
    ERTE en Atento
    • A direccción da empresa decidiu obrigar a un número indeterminado de persoas que están traballando a distancia, a reincorporarse ao traballo presencial o vindeiro 27 de outubro, como medida de castigo en base a unha suposta baixada de datos nos obxectivos, arbitrarios e impostos pola empresa.
    • Dende o pasado mes de abril, a empresa ten a maioría do cadro de persoal relizando o seu traballo en modalidade de teletraballo, de forma voluntaria na maioría dos casos, ou de forma obrigada debido ao peche da empresa dende finais de maio.

    O comité de empresa ten acordado, por unanimidade, convocar folga ante a vulneración dos dereitos que en materia de prevención e protección da saúde ten a plantilla, ademais de vulnerar os seus dereitos de representación, ante a decisión da xerencia de rrhh da empresa de obrigar a un número indeterminado de persoas que están traballando a distancia, a reincorporarse ao traballo presencial o vindeiro 27 de outubro, como medida de castigo en base a unha suposta baixada de datos nos obxectivos, arbitrarios e impostos pola empresa

    13/04/2020
    ERTE en Atento
    • En A Coruña son 17 traballadores e traballadoras pertencentes ao Servizo Hibu as persoas afectadas

    CCOO considera positivo o acordo asinado sobre o ERTE en Atento, porque se logra reducir o número de persoas afectadas e consegue a devindicación de vacacións e pagas extras, minorando o impacto económico sobre o cadro de persoal.

    27/03/2020
    Condenado o INE a indemnizar con 6251 euros a CCOO por vulneración do dereito á liberdade sindical
    • O Instituto Nacional de Estatística negárase a entregarlle ás delegadas deste sindicato a documentación que solicitaban sobre o persoal do centro de traballo da Coruña

    O Xulgado do Social n.º 1 da Coruña, na sentenza emitida o pasado 12 de marzo, condenou o Instituto Nacional de Estatística (INE) por incorrer nunha vulneración do dereito á liberdade sindical de Comisións Obreiras (CCOO), concretamente o dereito á información. A resolución xudicial obriga o organismo público a entregarlle ao sindicato a documentación que solicitaba e fixa unha indemnización de 6251 euros, a mínima posible para as infraccións graves.