FSC-CCOO Galicia | 16 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos
    12/03/2024
    Traballador dun centro de coordinación de Sasemar | Foto: Sección Sindical de CCOO

    O sindicato congratúlase pola sentenza, que declara nula unha nota interna emitida pola empresa que modificaba as condicións laborais deste colectivo.

    28/02/2024
    Xefatura Policía Local do Concello de Ferrol.

    A Resolución de anulación da praza da oferta de emprego do ano 2019, é do anteior Concelleiro de Seguridade e Tráfico, ditada o 15/02/22, en base ao informe do Xefe da Policía Local do Concello de Ferrol que ten a categoría de Inspector.

    29/12/2023
    Torre Salvamento Marítimo A Coruña

    A representación de CCOO no Servizo de Salvamento Marítimo solicitan intermediación ao novo Director Xeneral da Mariña Mercante e Presidente de SASEMAR

    24/03/2023
    Convovada folga indefinida en EINSA PRINT SA, EINSA SOURCING SA e empresa de traballo temporal MANPOWER
    • A convocatoria de folga terá carácter indefinido a partir do mércores 29 de marzo

    A representación do cadro de persoal das empresas EINSA PRINT SA, EINSA SOURCING SA e empresa de traballo temporal MANPOWER convoca folga indefinida a partido do vindeiro mércores 29 de marzo ante a falta de avances na negociación coa empresa que imposibilitan acadar un acordo en relación a calendarios de vacacións, melloras sociais e incrementos salariais

    20/02/2023
    CCOO está en contra de que Ferrolterra quede relegada dos últimos proxectos ferroviarios

    O Sector Ferroviario de CCOO de Galicia está en contra de que a comarca de Ferrol quede relegada tanto no Corredor Atlántico de Mercadorías como no Informe da Xunta sobre a recuperación e mellora dos servizos ferroviarios.

    31/03/2022
    CCOO denuncia o abandono do corpo de bombeiros de Ferrol

    Nestes case tres anos se lle estiveron a presentar propostas para a mellora do Servizo, en diferentes reunións. O Concelleiro Germán Costoya, responsable do negociado de Seguridade e Tráfico limitouse a tomar nota na sua libreta, dicindo que estaba de acordo pero máis nada.Nunca houbo resposta nin solucións ás diferentes problemáticas presentadas.

    28/03/2022
    Policia local Ferrol

    Os sindicatos CCOO e UGT, presentes no Concello de Ferrol, queren poñer encoñecemento público o xeito de levar a Policía Local por parte do seu xefe. Éste estáa aplicar criterios en contra da legalidade vixente e incluso contrarios aos acordosinternos, aplicados dende fai anos. Isto repercute na xestión do persoal, concesión dedías libres e incluso na reorganización recentemente levada a cabo, con gravesperxuizos económicos para algúns traballadores

    10/02/2022
    Carreira profesional
    • O prazo comeza o 15 de febreiro e remata o 15 de marzo

    CCOO e UGT destacan a aprobación da carreira profesional e aseguran que redundará nunha mellora de calidade e eficiencia de todos os servizos, o que, pola súa vez, repercutirá nun mellor servizo para o conxunto da cidadanía.

    11/03/2020

    O acto central do Día da Clase Obreira Galega foi a manifestación que tivo lugar o martes en Ferrol, na que CCOO fixo visibles os principais conflitos, especialmente os que atanguen os sectores industriais. «Hoxe está aquí o corazón da clase obreira galega», exclamou o secretario xeral do sindicato, Ramón Sarmiento, ante os centos de persoas congregadas no Cantón, lugar onde rematou a marcha.