FSC-CCOO Galicia | 28 marzo 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    O comité de empresa de ATENTO convoca folga o luns 26 de outubro contra a vulneración dos dereitos que en materia de prevención e protección da saúde ten o cadro de persoal

    • A direccción da empresa decidiu obrigar a un número indeterminado de persoas que están traballando a distancia, a reincorporarse ao traballo presencial o vindeiro 27 de outubro, como medida de castigo en base a unha suposta baixada de datos nos obxectivos, arbitrarios e impostos pola empresa.
    • Dende o pasado mes de abril, a empresa ten a maioría do cadro de persoal relizando o seu traballo en modalidade de teletraballo, de forma voluntaria na maioría dos casos, ou de forma obrigada debido ao peche da empresa dende finais de maio.

    O comité de empresa ten acordado, por unanimidade, convocar folga ante a vulneración dos dereitos que en materia de prevención e protección da saúde ten a plantilla, ademais de vulnerar os seus dereitos de representación, ante a decisión da xerencia de rrhh da empresa de obrigar a un número indeterminado de persoas que están traballando a distancia, a reincorporarse ao traballo presencial o vindeiro 27 de outubro, como medida de castigo en base a unha suposta baixada de datos nos obxectivos, arbitrarios e impostos pola empresa

    24/10/2020.
    ERTE en Atento

    ERTE en Atento

    Dende o comité de empresa se salienta que a empresa na actualidade non cumpre coas medidas de seguridade para evitar exposicións innecesarias no centro de traballo, xa que as autoridades sanitarias falan de que os centros de traballo teñen que ter unha ventilación continua para evitar que o virus se propague con facilidade, e nas instalacións de ATENTO se traballa en salas que non teñen xanelas, e polo tanto non parece a priori a situación ideal para a volta destes traballadores, tendo en conta ademáis que exporíana os traballadores tanto na empresa como no traxecto dende as súas casas ata ela.

    O obxectivo da folga consiste en conseguir que a empresa dea marcha atrás coa súa pretensión e se siga realizando voluntariamente o traballo a distancia como ata agora. A folga vai afectar a todos os servizos/departamentos do centro de traballo.

    Ademais se convocan xornadas de paro tódolos luns as dúas primeiras horas de cada quenda, comezando o 2 de novembro de 2020; e tódolos venres as dúas últimas horas de cada quenda comezando o 6 de novembro de 2020, de maneira indefinida ata que ata que a empresa retire a obriga do traballo presencial.