FSC-CCOO Galicia | 25 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    O persoal de Política Social chega ás 18 semanas de loita no día en que os sindicatos se reúnen cos grupos parlamentarios

    • CCOO, UGT, CSIF e CIG esixiron a implicación dos grupos parlamentarios cos servizos sociosanitarios públicos

    Este xoves, 29 de outubro, tivo lugar a 18.ª xornada de loita e reivindicación do persoal dos centros da Consellaría de Política Social. Ao tempo, os sindicatos CCOO, UGT, CIG e CSIF reuníronse cos cos grupos parlamentarios do PP, do PSOE e do BNG. Porén, a conselleira, Fabiola García, segue sen manter interlocución cos axentes sociais, malia que van xa cinco meses de conflito.

    30/10/2020.
    Concentración 18 Política Social

    Concentración 18 Política Social

    En plena segunda vaga da pandemia, os sindicatos seguen reclamando medios materiais e de seguridade nas residencias, pero tamén máis persoal, información e participación na posta en marcha dos protocolos. «Algo non funciona se volvemos ter os memos problemas ca hai sete meses», afirman en referencia ao comezo da emerxencia sanitaria, en marzo.
     
    Critican que falta persoal desde o ano 2012, situación que se agravou polas necesidades derivadas da COVID-19, xa que os positivos e as corentenas obrigatorias debilitaron aínda máis os exiguos cadros de persoal.
     
    Os sindicatos esixíronlles aos grupos parlamentarios que se impliquen cos servizos sociosanitarios públicos e coa defensa das condicións de traballo do seu persoal. Pediron, tamén, que no debate dos orzamentos para o 2021 haxa un reforzamento dos centros de xestión pública e un aumento de prazas públicas residenciais.
     
    Por último, pediron que insten o Goberno da Xunta a negociar as condicións de traballo, tanto no persoal dos centros de atención da propia Consellaría, como daqueles que dependen do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar. Insistiron, tamén, na necesidade de restaurar os dereitos recortados en 2012 no V Convenio da Xunta, así como na transformación dos contratos parciais noutros a xornada completa.