FSC-CCOO Galicia | 29 marzo 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    O persoal dos centros de Política Social retoma as mobilizacións

      Nunha nova xornada de mobilizacións, e xa van 25, o persoal dos centros residenciais denuncia a situación de deterioración do servizo público dependente da Consellaría de Política Social.

      14/01/2021.
      O persoal dos centros de Política Social esixe que se respecten os seus dereitos laborais

      O persoal dos centros de Política Social esixe que se respecten os seus dereitos laborais

      Desde 2012, o cadro de persoal foise reducindo, pero non diminuíu na mesma proporción a carga de traballo. Coa pandemia da covid-19, menos persoas tiveron que facer fronte a moitas máis tarefas, provocando a saturación do persoal.

      Isto, sumado á precaridade laboral —máis da metade do persoal é interino—, explica por que Política Social é a Consellaría con máis accidentes de traballo de toda a Xunta.

      Dez meses despois de comezar a pandemia, o departamento que dirixe Fabiola García non foi capaz de poñer en marcha un plan de continxencia nas residencias da súa competencia. «A comunicación non flúe, descoñécese a día de hoxe a afectación sobre persoal e persoas usuarias», critican os sindicatos. Ademais, plan de vacinación «debe de ser “de alto segredo”, porque non coñecemos a súa previsión nin a calendarización».