FSC-CCOO Galicia | 29 marzo 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO denuncia contratacións fraudulentas en Vitrasa

    • Vitrasa contrata e despide reiteradamente a distinto persoal para ocupar os mesmos postos de traballo

    O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria dos autobuses urbanos de Vigo, onde CCOO é maioria, denuncia ante Inspección de Traballo por contratación fraudulenta de traballadores, así como por non respectar os tempos de percorrido e descanso e carecer de aseos para o persoal.

    14/09/2018.
    Vitrasa é a empresa concesionaria do servizo público de autobús de Vigo

    Vitrasa é a empresa concesionaria do servizo público de autobús de Vigo

    Vitrasa contrata e despide reiteradamente a distinto persoal para ocupar os mesmos postos de traballo. Deste modo, conseguen que accedan a prestar calquera tipo de servizo, ainda que en moitos casos se incumpra o convenio colectivo ou ata o Estatuto dos Traballadores.
    A actitude da empresa provoca as non renovacións dos contratos de varios traballadores e traballadoras que levaban máis de cinco anos na empresa, pois as continuas entradas e saídas non permiten xerar antigüidade.
    A contratación fraudulenta non é a única práctica abusiva executada por Vitrasa. CCOO tamén denuncia que, entre outras, non se respectan os tempos de percorrido e descanso, que non só afectan aos traballadores e traballadoras, senón tamén aos usuarios, que nos últimos tempos viron crecer os atrasos no servizo. Tamén pagaron, ata fai meses, a hora extra por baixo do valor de ordinaria, o que provocaba que se fixese un número exorbitado de horas, cuestión resolta por unha sentenza que obrigaba ao cumprimento do Estatuto dos Traballadores.
    Tamén a falta de aseos para o persoal ao longo dos percorridos é un problema engadido, así como o uso que fai a empresa das cámaras instaladas; nun principio a empresa xustificou a instalación como medida de seguridade para conductores/as e pasaxeiros/as, mais son utilizadas para sancionar os traballadores e traballadoras