FSC-CCOO Galicia | 25 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO e UGT asinan un preacordo coa Dirección de Vitrasa.

    • Mañá martes someterase a votación o seu ratificación

    Trala reunión celebrada coa Dirección de Vitrasa o día 5 de outubro, alcánzase un preacordo que será sometido a votación por parte dos traballadores e traballadoras mediante voto en urna nas instalacións da empresa. a votación realizarase o vindeiro martes 9 de outubro desde as 5 da madrugada ata as 12 da noite

    08/10/2018.
    Vitrasa_e_a_empresa_concesionaria_do_servizo_publico_de_autobus_de_Vigo

    Vitrasa_e_a_empresa_concesionaria_do_servizo_publico_de_autobus_de_Vigo

    O preacuerdo contempla os seguintes puntos

    Horas extraordinarias: acórdase o seu abono o prezo actual, salvo que o traballador solicite de forma expresa a súa compensación en tempo de descanso

    Eventualidade: Compromiso de conversión en indefinido das persoas con antigüidade de 2015 e 2016. Converterase en 11 contratos en indefinidos nos próximos tres meses. Para o persoal con data a partir do 2017, e ata o remate do convenio, valórase o desempeño entre os traballadores e traballadoras en activo, e en caso de igual puntuación, optásese polo traballador con maior antigüidade.

    Plan de Igualdade: vacacións de 1 a 12 anos (ata o curso escolar en que cumpren os 12 anos, inclusive) os meses de goce serán xullo e agosto, salvo petición expresa doutras datas por parte do traballador ou traballadora en periodo de non lectivos do calendario escolar: (Nadal, Semana Santa, Entroido, etcétera).

    Revisión de liñas e horarios: Tempos de retirada. Compromiso da Gerencia de Operacións de revisión xeral e organización de tempos e descansos reais das liñas, proxecto sobre o que se leva traballando máis de medio ano

    Baños cabeceira: A Dirección comprométese a falar co responsable municipal para dar traslado da problemática ao obxecto de adoptar unha solución. Nas liñas que en cabeceira non dispoñen de cafeterías próximas, definiranse puntos próximos a cabeceira con cafeterías.