FSC-CCOO Galicia | 25 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO repróchalle a Vitrasa falta de información canto ás medidas adoptadas polo COVID-19

    • O sindicato pide que o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) sexa «equitativo»

    Esta semana reuníronse telematicamente a dirección da empresa de transporte urbano de Vigo (Vitrasa) e o comité de seguridade e saúde. Narciso Pazos, delegado de CCOO, trasladoulle á concesionaria do servizo de autobús o malestar existente pola falta de información no tocante ás medidas adoptadas para afrontar a pandemia do COVID-19. O delegado de CCOO pediulle á empresa diversas actuacións en materia de seguridade e hixiene no posto de traballo.

    30/04/2020.
    Vitrasa incumpre os acordos

    Vitrasa incumpre os acordos

    Entre outras, que a limpeza do posto de condución sexa «máis completa e profunda», incluídos os asentos. Tamén, que se delimiten os asentos e as zonas do corredor mediante marcas, de xeito que as persoas usuarias respecten as distancias de seguridade e o aforamento máximo permitido coa normativa (trinta persoas en autobuses articulados de 18 metros e de 17 para os convencionais de 12 metros).

    Outras propostas formuladas na xuntanza telemática foron que o autobús de substitución se cambie por outro que estea debidamente limpo e desinfectado, o uso obrigatorio de máscaras para todos os viaxeiros e viaxeiras, a limpeza dos baños públicos con maior frecuencia —amais de revisar o seu funcionamento e instalar os que faltan— e «acelerar o máximo posible» que poidan acudir á mutua os traballadores e traballadoras que formen parte de grupos de risco.

    Posición ante o ERTE Así mesmo, o representante de CCOO pediu que o expediante de regulación temporal de emprego (ERTE) sexa «equitativo» entre todo o persoal. «Preferiríamos que fose semanal, fórmula que consideramos máis beneficiosa para os compañeiros e compañeiras», sinala Pazos.

    Próxima xuntanza A próxima xuntanza está prevista para a vindeira semana, concretamente o mércores 6 de maio.