FSC-CCOO Galicia | 25 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    O 28 de decembro comezaron os paros nos autobuses urbanos de Ourense

    • O pasado sábado, o persoal rexeitou maioritariamente a última proposta da empresa e avala iniciar os paros
    • Segundo informa o Comité de Empresa, de non acadarse antes un acordo satisfactorio, o calendario de paros parciais rematará co inicio dunha folga indefinida o 15 de xaneiro
    • Os paros reforzaranse con concentracións na Praza Maior nos mesmos horarios e baixo os termos de seguridade establecidos pola situación de pandemia COVID-19.

    O luns comezaron os paros de 6 horas, ao considerar o persoal de Urbanos de Ourense, SL insuficientes os avances na negociación do convenio colectivo que, nun principio, a empresa pretende levar a 4 anos de vixencia, aínda que con data de renovación do 1 de xaneiro de 2020.

    29/12/2020.
    concentración na Praza Maior de Ourense

    concentración na Praza Maior de Ourense

    A asemblea de traballadores, reunida o pasado sábado, rexeitou por unha ampla maioría a proposta presentada pola empresa.

    As diferenzas son aínda importantes en temas de xornada, salario e outros aspectos que regularán as condicións laborais dos traballadores e traballadoras nos próximos anos.

    A convocatoria de paros rematará nunha folga indefinida o 15 de xaneiro de non se acadar un acordo satisfactorio. Hai que lembrar que se trata dunha das concesións máis importantes do Concello tanto por montante económico como por número de usuarios e a última convocatoria data de máis dunha década e non se chegara a materializar.

    Dos 117 traballadores da empresa, 90 son condutores e o resto, persoal de talleres e administración.

    Dende o comité de empresa piden “desculpas á cidadanía polas molestias que estes paros poidan ocasionar, aínda que, polo xeral e polos comentarios destes últimos días, sentímonos avalados polos usuarios nas nosas reivindicacións”.