FSC-CCOO Galicia | 29 marzo 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO asina o acordo social para a licitación do transporte escolar

      Na tarde do luns, 3 de maio, asinouse o acordo social do transporte escolar, que fora anulado a comezos de marzo após detectarse erros nos pregos aprobados, que poderían ocasionar a perda de dereitos laborais ao persoal do sector.

      04/05/2021.
      Asinamento do acordo social para o servizo de transporte escolar

      Asinamento do acordo social para o servizo de transporte escolar

      O acordo foi ratificado pola Xunta de Galicia e os sindicatos Comisións Obreiras, UGT e CIG. Permitirá garantir o emprego e as condicións laborais das traballadoras e traballadores do transporte escolar.