FSC-CCOO Galicia | 28 marzo 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    O comité de Vitrasa denuncia a vulneración do dereito de folga con servizos mínimos «abusivos e encubertos»

      O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, denuncia a vulneración do dereito de folga coa imposición duns servizos mínimos «abusivos e encubertos». A representación legal do persoal tamén anuncia que impugnará o decreto do Goberno local que os regula porque «supoñen un impedimento para o noso lexítimo dereito de folga».

      19/11/2021.
      O comité de Vitrasa informou de que efectivos policiais permitiron a circulación de autobuses sen o distintivo «servizos mínimos»

      O comité de Vitrasa informou de que efectivos policiais permitiron a circulación de autobuses sen o distintivo «servizos mínimos»

      Desde o comité sinalan que os servizos mínimos decretados para os paros parciais son do 60,08 %, superiores aos establecidos na folga do pasado mes de agosto (50 %), a pesar de que nesta ocasión a ocupación permitida nos autobuses é maior ca daquela e que agora se trata de paros parciais e non dunha xornada completa de folga.

      Tamén censuran que o Concello de Vigo aumenta aínda máis estes servizos mínimos «de xeito encuberto», pois obriga os autobuses que se atopen en ruta cando comezan os paros a completar o servizo. Deste xeito, calculan que os servizos mínimos poden elevarse ao 80 % nalgúns casos.

      Servizos mínimos «á carta»

      O comité lamenta estes servizos mínimos «desproporcionados» e lamenta que o Concello de Vigo non os consultase co comité. Porén, tampouco se sorprenden, xa que «o alcalde leva sete anos negándose a recibirnos». Van máis aló nas críticas ao Goberno local e inciden en que os servizos mínimos «parecen elaborados á carta pola empresa». De feito, en xuntanzas coa dirección de Vitrasa «xa nos adiantaron o contido do que o Concello ía impoñer a menos de 24 horas do comezo dos paros», critican desde a representación legal do persoal.

      Por último, o comité aplaude o amplo seguimento da folga e non descarta endurecer as protestas se o Concello mantén esta actitude.