FSC-CCOO Galicia | 25 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    25 N «Fartas de violencia»: a linguaxe tamén importa

    • A violencia contra as mulleres aumentou este ano e así o manifesta cos seus datos o Ministerio do Interior. Non imos dirimir neste momento se agora se denuncia máis ou se é que existen máis casos de depredadores machistas; pero si dicimos que é inaguantable e intolerable que en pleno século XXI se dean estes datos.

    É moita a violencia machista que se executa contra as mulleres e non hai día en que os medios de comunicación non informen dalgún acto violento contra elas.A violencia que os homes exercen contra as mulleres polo feito de seren mulleres, é dicir, a violencia de xénero, execútase de moitas maneiras e debemos ser conscientes disto: a violencia económica, a violencia continua, as agresións, o maltrato, a violencia psicolóxica, a violencia vicaria ou o acoso sexual. Son moitos os tipos de violencia machista e na nosa organización debemos coñecelas todas para podelas identificar e erradicalas dos nosos ámbitos.

    25/11/2021.
    Fartas de violencia machista

    Fartas de violencia machista

    Reclamamos neste 25N un tratamento digno a todas as mulleres vítimas de violencia de xénero. Tamén en todas as formas de informar e formar, porque as palabras non son neutras e por iso esiximos:

    ·    Unha información con perspectiva de xénero.

    ·    Unha información con coñecemento da realidade existente.

    ·    Un tratamento real sen estridencias.

    ·    Mostrar a violencia económica.

    ·    Admitir a violencia continuada.

    ·    Recoñecer a violencia psicolóxica.

    ·    Non ocultar ningún tipo de violencia por menor que se crea.

    ·    Utilizar unha terminoloxía adecuada para informar sobre a violencia contra as mulleres.

    ·    Explicar verdadeiramente que é a violencia contra as mulleres. 

    ·    Respecto a todas as vítimas da violencia machista.

    Porque podemos e debemos previr e mellorar a vida das mulleres vítimas de violencia machista durante oito horas ao día, no traballo, e porque a linguaxe tamén importa, utilicemos as fórmulas correctas. Ante a violencia machista, TOLERANCIA CERO.