FSC-CCOO Galicia | 29 marzo 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO concentrou en Santiago de Compostela a delegadas/os pola defensa dos dereitos do persoal da Xunta de Galicia

      O vejnres, 26 de novembro, tivo lugar unha manifestación de delegados e delegadas de CCOO e UGT para esixir o complemento de carreira, o concurso aberto e permanente, a promoción interna e estabilidade real e efectiva na función pública.

      26/11/2021.
      concentraron delegadas e delegados pola defensa de todos os dereitos do persoal empregado público da xunta de galicia

      concentraron delegadas e delegados pola defensa de todos os dereitos do persoal empregado público da xunta de galicia

      A manifestación partiu ás 11:00 horas da explanada da estación vella de autobuses de Santiago de Compostela (San Caetano) e continuou pola praza de Camilo Díaz Valiño, percorrendo a rúa Anxo Casal, a rúa San Caetano, a praza de España e a avenida de Rodríguez de Viguri, rematando pasado o mediodía no inicio da rúa de Ánxel Casal, diante da entrada da Xunta de Galicia.

      CCOO e UGT reuniron máis de 400 delegadas e delegados da Administración autonómica nun acto reivindicativo que forma parte dun calendario de mobilizacións que se inicia no día de hoxe e se manterá mentres a Consellaría de Facenda e Administración Pública seguen incumprindo aspectos fundamentais do Acordo de concertación —asinado por ambos os dous sindicatos.

      CCOO e UGT esixen a recuperación da carreira profesional, axilizar os concursos de traslados, facilitar a promoción interna e reducir a temporalidade mediante procesos selectivos de estabilización do emprego, así como recuperar as compensacións por traballar festivos e domingos.

      Todas estas cuestións teñen que ser inmediatamente respondidas polo novo conselleiro de Facenda na xuntanza que xa solicitaron os sindicatos, co obxectivo de «reconducir o malestar do persoal empregado público» e así evitar unha «conflitividade innecesaria» na función pública galega.

      Desde CCOO e UGT apelan ao cumprimento dos compromisos para pór en valor a negociación e os acordos. Do contrario, «a denuncia, a mobilización e a confrontación estarán servidas», aseguran.

      «Tócalle polo tanto á Xunta de Galicia escoller o camiño: cumprir o asinado ou asumir un conflito longo», conclúen CCOO e UGT.