FSC-CCOO Galicia | 24 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    O persoal do  Concello de Pontevedra mostra o malestar devolvendo a Botella de espumoso, agasallo da Alcaldía.

      22/12/2021.
      Devolución regalo Concello de Pontevedra

      Devolución regalo Concello de Pontevedra

      A Xunta de Persoal e o Comité de empresa do Concello de Pontevedra trasladaron o malestar dos traballadores e traballadoras do Concello de Pontevedra, devolvendo a botella de espumoso que a Alcaldía entregou a todo o persoal.

      Esta donación substitúo á habitual felicitación do Nadal do Alcalde Lores e posterior aperitivo co persoal.

      ¿Para evitar o plantón?, ou ¿por que non só non se reúne coa xunta de persoal senón que tampouco comparte xa acto oficial coa clase obreira?

      Os traballadores e traballadoras do Concello de Ponteevdra nunca foron compensados pola súa dedicación e achega dos éxitos dos que o Alcalde Lores presume, ao parecer debeu conseguilos en solicitario. En máis de vinte anos de alcalde só se lle coñece polos grandes conflitos laborais, expedientes disciplinarios, denuncias a traballadores/as, actas da inspección de traballo, ter un convenio vixente desde o ano 2007 ou asinar un acordo coa maioria sindical antes das eleccións do 2019. para unha vez volver ao goberno negarse a aplicalo

      O malestar por este comportamento dun goberno que se di progresista, foi escenificado hoxe diante do pleno da corporación de Pontevedra coa devolución do agasallo de botellas de espumoso, mentres que outros colectivos xa as rexeitaron no momento da entrega.