FSC-CCOO Galicia | 8 Setembro 2026.

  • Menú Documentos

    28M, Día de Acción pola Saúde das Mulleres:Por unha saúde laboral con perspectiva de xénero

      As desigualdades de xénero non se desenvolven só no ámbito social, tamén se manifestan na organización do traballo, na distribución dos empregos e nos riscos radicalmente diferentes aos que a división sexual do traballo expón a mulleres e homes.

      28/05/2026.
      Día da Saúde Laboral con Perspectiva de Xénero

      Día da Saúde Laboral con Perspectiva de Xénero

      No Día de Acción pola Saúde das Mulleres, que se celebra hoxe 28 de maio, CCOO denuncia que as mulleres continúan concentradas en sectores feminizados como a limpeza, os coidados, a educación, o comercio ou o ámbito sanitario e sociosanitario, onde predominan os riscos ergonómicos e psicosociais, a sobrecarga emocional e a precariedade laboral. Fronte a iso, a prevención de riscos laborais segue centrada principalmente nos riscos tradicionais de seguridade, invisibilizando os danos que sofren miles de traballadoras.

      Desde o sindicato advertimos que a estrutura laboral mantén a moitas mulleres en empregos temporais, parciais, con menos autonomía, menor recoñecemento e escasas posibilidades de promoción. A precariedade, a intensificación dos ritmos de traballo e as dificultades para conciliar a vida laboral e persoal teñen consecuencias directas sobre a saúde física e mental das traballadoras e erosiona os piares básicos da cohesión social e o benestar individual.

      Os datos mostran unha maior incidencia de ansiedade, depresión e consumo de ansiolíticos, antidepresivos e hipnóticos entre as mulleres. Con todo, lonxe de mellorar as condicións de traballo, a solución pasa por medicalizar o sufrimento derivado da precariedade e da desigual organización dos coidados.

      CCOO denuncia as violencias machistas no traballo, incluído o acoso sexual e por razón de sexo, como unha expresión máis de relacións laborais desiguais e de contornas organizativas que permiten o abuso e a impunidade.

      Por todo iso, o sindicato esixe a empresas e administracións públicas unha prevención de riscos laborais con verdadeira perspectiva de xénero, que actúe sobre a orixe do problema: a organización do traballo e reclama:

      Emprego estable e salarios digno

      Redución da temporalidade e da parcialidade non desexada;Medidas reais de conciliación e corresponsabilidade

      Avaliación efectiva dos riscos psicosociais;Adaptación de cargas, ritmos e horarios

      Protocolos eficaces fronte ao acoso e as violencias machistas.

      CCOO advirte que a saúde laboral con perspectiva de xénero non é un complemento nin unha concesión. É un dereito, unha obrigación legal e unha condición indispensable para alcanzar unha sociedade xusta, equitativa e verdadeiramente saudable