FSC-CCOO Galicia | 8 Setembro 2026.

  • Menú Documentos

    CCOO, CSIF e UGT convocan unha mobilización en defensa dos servizos públicos e dos dereitos do persoal da Xunta de Galicia

      As organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT convocan aos medios de comunicación a asistir e dar cobertura á concentración que terá lugar o próximo 10 de xuño, ás 11:00 horas diante do edificio principal de San Caetano, sede da Xunta de Galicia

      09/06/2026.
      En defensa dos dereitos do persoal empregado público e da calidade dos servizos públicos

      En defensa dos dereitos do persoal empregado público e da calidade dos servizos públicos

      Esta mobilización desenvólvese en defensa dos dereitos do persoal empregado público e da calidade dos servizos públicos, ante o que as organizacións convocantes consideran unha deriva autoritaria da Administración autonómica, caracterizada pola imposición de medidas sen consenso, os recortes de dereitos e o desprezo á negociación colectiva.

      Os sindicatos reclaman a apertura de espazos reais de diálogo e negociación e esixen avances efectivos nas principais demandas do persoal da Xunta de Galicia, entre as que destacan:

      • A implantación efectiva da xornada laboral de 35 horas. 
      • O desenvolvemento da carreira profesional. 
      • A aplicación real do Grupo B de clasificación profesional. 
      • Unha promoción interna efectiva e transparente. 
      • A implantación do concurso aberto e permanente. 
      • A apertura das mesas de negociación pendentes. 
      • O cumprimento dos compromisos adquiridos en materia de política social. 
      • O avance das negociacións abertas nos distintos departamentos da Administración autonómica. 

      As organizacións convocantes denuncian tamén a aprobación de medidas unilaterais que afectan ás condicións laborais do persoal, así como a falta de negociación en cuestións fundamentais para o funcionamento dos servizos públicos e a atención á cidadanía.

      Baixo o lema "En defensa dos nosos dereitos e dos servizos públicos" “NEGOCIACIÓN REAL XA. NIN BLOQUEO, NIN IMPOSICIÓNS”, a concentración pretende reivindicar:

      O fin das imposicións unilaterais por parte da Xunta de Galicia. A paralización dos recortes en materia de dereitos. Máis diálogo e negociación real. A defensa dos dereitos laborais. Uns servizos públicos fortes, dignos e de calidade. DATOS DA CONVOCATORIA