FSC-CCOO Galicia | 8 Setembro 2026.

  • Menú Documentos

    Avanza o procedemento de solicitude de coeficientes redutores das persoas condutoras no transporte de mercancías por estrada

      A Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social acaba de remitir o Informe de Mortalidade e Morbilidade na condución de transporte de mercancías por estrada ao INSST e á Inspección de Traballo para que realicen os seus informes correspondentes

      10/06/2026.
      Unha delegación de FSC CCOO Galicia, Federación e Sctro. concéntrase xunto a 5000 condutoras e condutores fronte ao Ministerio de Transportes para esixir que se acelere a súa xubilación anticipada

      Unha delegación de FSC CCOO Galicia, Federación e Sctro. concéntrase xunto a 5000 condutoras e condutores fronte ao Ministerio de Transportes para esixir que se acelere a súa xubilación anticipada

      Este informe ratifica o que explica o Sector Estatal de Estrada e Loxística de FSC-CCOO e a súa posición sobre o seguimento do proceso a pesar de que se excedera o prazo de 6 meses para resolver os expedientes de solicitude de aplicación para as persoas condutoras do transporte de mercancías por estrada e viaxantes en autobús. O trámite non decaeu nin se desestimou, senón que, pola contra, continúa avanzando.

      Así o manifestara a ministra de Seguridade Social no Congreso dos Deputados, o pasado 27 de maio, en resposta á pregunta realizada por ERC. CCOO confirma que as afirmacións que non daban por válidas estas declaracións e que só xeraron confusión no sector estaban equivocadas.

      Este é o primeiro dos informes que se emiten no procedemento e que determina os índices de mortalidade e morbilidade (persoas que falecen e enferman) en cada sector a partir da identificación do colectivo.

      Este informe remítese ao Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e á Inspección de Traballo e Seguridade Social quen debe realizar no prazo dun mes (velaremos polo cumprimento do prazo) outros informes:

      - O INSST sobre as condicións de traballo asociadas á actividade que incluirá tamén a realización de propostas de actuación e mellora en materia de prevención de riscos laborais.

      - A Inspección de Traballo e Seguridade Social sobre:

      a) A posibilidade de modificación das condicións de traballo, informando sobre as medidas de calquera tipo, que dentro o seu ámbito competencial, considere necesarias para a súa efectiva aplicación.

      b) As condicións de penosidad, toxicidade, perigo ou insalubridade das ocupacións.

      Concluídos os citados informes, que non son vinculantes, remítense á Comisión de Avaliación, quen, se se cumpren os prazos, podería emitir o seu escrito antes de finalizar o mes de xullo. O seguinte paso sería o trámite de audiencia ás persoas interesadas no prazo de 10 días, e finalmente, a Resolución da DGOSS estimando a solicitude para o seu envío ao Consello de Ministros ou desestimándoa.

      O expediente das persoas condutoras de transporte de viaxantes por estrada en autobús segue pendente de emisión do Informe de Mortalidade e Morbilidade o cal debería ver a luz nunhas semanas.