FSC-CCOO Galicia | 8 Setembro 2026.

  • Menú Documentos

    CCOO publica a guía: "A Negociación Colectiva de medidas e plans de mobilidade sostible"

      08/07/2026.
      Guía A Negociación Colectiva de medidas e plans de movilidade sostible

      Guía A Negociación Colectiva de medidas e plans de movilidade sostible

      A Lei de Mobilidade Sostible supón un triunfo para a loita de CCOO e o froito de anos de reivindicacións. Trátase do recoñecemento dun principio que sempre debeu ser incuestionable: que a mobilidade é un dereito fundamental da clase traballadora.

      Con esta norma, incorpórase ao ordenamento xurídico español unha obrigación empresarial estrutural, vencellada directamente á organización do traballo e á negociación colectiva. A partir de agora, as empresas non só deberán negociar e implantar plans de mobilidade sostible no traballo, senón tamén acordar medidas de impulso a esta nos convenios colectivos.

      Por este motivo, presentamos esta guía sindical —froito do traballo colectivo— para orientar a negociación de medidas nos convenios e o desenvolvemento de plans de mobilidade sostible tanto nos centros de traballo como nas administracións públicas.