FSC-CCOO Galicia | 8 Setembro 2026.

  • Men煤 Documentos

    CCOO asina o Convenio Colectivo de Pastas, Papel e Cart贸n con importantes melloras

      O novo convenio sectorial garante o poder adquisitivo ata 2028, reduce a xornada laboral e, ademais, introduce medidas clave en avances sociais e igualdade.

      09/07/2026.
      CCOO asina o Convenio Colectivo de Pastas, Papel e Cart贸n con importantes melloras

      CCOO asina o Convenio Colectivo de Pastas, Papel e Cart贸n con importantes melloras

      O 8 de xullo CCOO rubricou o novo Convenio Colectivo de Pastas, Papel e Cartón que mellora as condicións laborais de arredor de 18.000 persoas traballadoras do sector durante os vindeiros tres anos (2026-2028). O texto foi ratificado polos delegados e delegadas que participaron en diferentes asembleas onde se explicou o acordo en profundidade.

      Despois de seis meses de intensas negociacións CCOO e UGT asinaron o convenio cunha vixencia de tres anos (2026-2028) e que inclúe as seguintes melloras:

      • Incremento significativo dos salarios: O convenio fixa unha subida salarial do 3% para 2026, seguida dun 2,25% para 2027 e un 2,25% para 2028. Estes incrementos aplicaranse con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2026 sobre as táboas salariais e sobre a Retribución Total Teórica Bruta (RTTB).
      • Actualización de salarios se sobe o IPC: Para blindar o poder adquisitivo fronte á inflación, introdúcese unha cláusula de revisión salarial que se executará no caso de que o Índice de Prezos de Consumo Xeral Real Nacional (IPC establecido polo INE), do período do 1 de xaneiro de 2026 ao 31 de decembro de 2028, fose superior ao 7,5% (incremento salarial dos anos 2026-2028); actualizaranse tanto las táboas salariais de partida ao 1 de xaneiro de 2029, como a RTTB aplicable ao ano 2029, na porcentaxe de dito exceso.
      • Redución de xornada: A partir do 1 de xaneiro de 2027, la xornada máxima anual de traballo efectivo, tanto partida como continuada, redúcese en 8 horas, pasando a ser de 1.736 horas anuais.
      • Permisos retribuídos actualizados: Intégranse de forma efectiva os últimos permisos retribuídos regulados no Estatuto dos Traballadores.
      • Falta moi grave o acoso sexual ou por razón de sexo: Tipifícase como falta moi grave este tipo de condutas.
      • Plus de toxicidade e insalubridade: Suprímese o último parágrafo do artigo 11.8 por obsoleto e para mellorar a súa aplicación.
      • Subministración de roupa de traballo e EPIs adaptados: Imponse a obrigatoriedade de facilitar estes equipos adaptados ás anatomías de homes e mulleres.
      • Comisión de Traballo: Acórdase a creación dunha Comisión de Traballo que se encargará do deseño dun Protocolo de Fenómenos Meteorolóxicos Adversos, tratar sobre o traslado de permisos (artigo 9.6), a acumulación das horas sindicais ou a implantación dun seguro de vida colectivo.

      Este novo convenio para o sector de Pastas, Papel e Cartón destaca por garantir estabilidade económica para os persoais á vez que materializa un firme compromiso en materia de igualdade, conciliación e avances sociais.