FSC-CCOO Galicia | 26 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    Pérez Torres «discrimina» o persoal subrogado en Marín

      CCOO denuncia que Pérez Torres Marítima «discrimina» os traballadores subrogados da Sociedade Anónima de Estibadores Portuarios (SAGEP) de Marín. No ano 2018 produciuse a subrogación do persoal, integrándose catro traballadores en Galigrain, outros tantos en Estigal —creada por Pérez Torres para evitar a subrogación directa— e un en Esticargo.

      10/02/2021.
      Actividade portuaria en Marín | Foto: Arquivo CCOO

      Actividade portuaria en Marín | Foto: Arquivo CCOO

      Segundo o secretario de Organización de CCOO de Pontevedra, José Luis García Pedrosa, desde a integración en Estigal, os traballadores da antiga SAGEP padecen «continuas discriminacións e abusos de poder» por parte da dirección de Pérez Torres, que non lles respecta as funcións propias da súa categoría profesional, asignándolles outras de inferior clasificación.

      CCOO tamén denuncia o exceso horario nas xornadas laborais, que con frecuencia superan as doce horas, e a contratación directa de traballadores para a estiba, cando Pérez Torres debería facela a través de Estigal.