FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos
    06/03/2024
    Oficina de Correos de Vilagarcía de Arousa

    A falta de efectivos prexudica especialmente as zonas rurais e obriga o persoal a facer máis quilómetros.

    22/05/2023
    Concentración diante da sede de Correos en Santiago de Compostela (19/5/2022)

    Traballadoras e traballadores de Correos, xunto cos sindicatos CCOO, UGT, CIG e SL, concentraranse mañá martes, 23 de maio, ás 14 horas, no centro de tratamento automatizado de Santiago. Asemade, haberá folga os días 23, 24 e 25.

    22/03/2023
    Concentración diante da oficina principal de Correos en Santiago en maio de 2022

    A folga e a gran mobilización do pasado 1 de xuño obrigaron a Correos a ampliar a oferta de emprego fixo e a reducir do 62 % ao 30 % a porcentaxe de contratos que serán a xornada parcial.

    02/06/2022
    • Unha "marea amarela" de 7.000 traballadores protestou este mércores contra a xestión da empresa

    Ao redor de 7.000 empregados de Correos de todo o país manifestáronse en Madrid en contra da directiva da empresa e a súa forma de xestionar a transición no servizo postal. A mobilización, con final nos arredores do Congreso dos Deputados, converteuse nunha "marea amarela" de camisetas con esa cor corporativa, nas que se podía ler "stop ao desgüace, pola viabilidade do correo público", de gorras e de centos de globos amarelos de gas co slogan "salvemos ao servizo postal".

    31/05/2022

    Esiximos ao goberno que expoña o futuro de Correos desde un modelo de servizo público moderno, competitivo e eficiente.

    18/05/2022

    Hoxe delegados e delegadas de Correos de CCOO, dentro dá movilización en defensa do Correo Público, tivemos unha Concentración e recollida de firmas diante de Facenda na Rúa da Raiña dende as 12:00h dá maña ata as 18:00h dá tarde.

    10/09/2021
    Concentración diante da Subdelegación do Goberno en Ourense para defender o servizo público de Correos (26/5/2021)

    Máis da metade dos postos de traballo corresponden á provincia da Coruña; séguenlle Pontevedra, Ourense e Lugo.

    28/05/2021
    Rodada postal en Ourense para defender o servizo público de Correos (26/5/2021)

    As seccións sindicais de CCOO e UGT en Correos mobilizáronse nas catro provincias en defensa do servizo postal público.

    22/04/2020
    CCOO denuncia que o persoal de Correos ten o maior índice de contaxios de coronavirus tras o persoal sanitario
    • O sindicato atribúe a situación á «irresponsabilidade» do presidente do operador postal público; en Galicia hai 38 posibles positivos e cinco persoas máis están en corentena

    O sector Postal de CCOO denuncia que o persoal de Correos ten o maior índice de contaxios de coronavirus tras o persoal sanitario. O sindicato, maioritario na empresa, atribúe a situación á «irresponsabilidade» do presidente do operador postal público, José Manuel Serrano, que durante vinte días mantivo as traballadoras e traballadores sen equipamentos de protección individual (EPI).

    24/01/2020
    CCOO gaña as eleccións en Correos Coruña
    • O sindicato ten o 36,1 % dos delegados e delegadas da empresa na provincia e o 38,6 % en Galicia

    Comisións Obreiras (CCOO) ratifica a súa condición de primeiro sindicato en Correos tras vencer tamén as eleccións sindicais na provincia da Coruña. As votacións tiveron lugar o xoves desta semana, mentres que nas restantes tres provincias xa foran a mediados do pasado mes de decembro.

    20/12/2018
    Acordo plurianual en Correos
    • Oferta de emprego de 12.000 prazas, unha mellora salarial superior ao 9 %, redución da temporalidade ao 8 % e melloras da prestación do servizo postal público á cidadanía. Con isto, desactívase o conflito e as folgas previstas para o 21 e 26 de decembro

    Para o sindicato, a mobilización, a folga do 30 de novembro e a presión dos paros xerais previstos dos días 21 e 26 deste mes lograron que Correos mellore a súa proposta final e poña para asinar un Acordo que, coida CCOO, atende as reivindicacións dos traballadores e traballadoras da empresa pública e desactivan as folgas xerais previstas nos próximos días.

    28/02/2018
    concentración de traballadores e traballadoras de UNIPOST

    CCOO tivo coñecemento do despedimento de Pablo Raventós, director xeral de Unipost, e seguirá insistindo para que sexa declarado culpable de levar á liquidación o primeiro operador privado do país.

    21/02/2018
    O próximo luns, 26 de febreiro, están citadas as organizacións sindicais para informar sobre a apert
    • CCOO lamenta o peche do primeiro operador postal privado do país porque supón a perda de emprego de case 2400 traballadoras e traballadores directos e centenares indirectos pola rede de franquías.

    Sete meses despois de que Unipost solicitara concurso voluntario de acredores, o Xulgado do Mercantil n.º 7 de Barcelona decreta a apertura da fase de liquidación da primeira empresa postal privada do país. Segundo puido saber CCOO, a xestión da compañía recae a partir de agora na administradora concursal, que se encargará de realizar reunións cos principais clientes en función das cales se fixarán novas fases do ERE ata «o cesamento da actividade»

    27/01/2018
    Correos.
    • O sindicato maioritario en Correos chama a atención sobre a extrema situación de risco en que se encontra a empresa pública e o servizo postal público prestado á cidadanía tras recibir, en 2017, 52 millóns de euros dos 180 que viña recibindo en anos anteriores, un recorte de máis de dous terzos respecto a exercicios orzamentarios anteriores.
    • O Executivo non só aplicou unha tremenda tesoirada no financiamento público, senón que lle debe á empresa 260 millóns de euros. Ao recorte económico súmase a falta dun plan estratéxico desde hai máis de medio ano e a ausencia de apoio político, cun Plan de Prestación do Servizo Postal Universal pendente de definir desde hai dez anos.
    • Unha situación que CCOO tacha de lamentable e insostible pola crecente deterioración da prestación dun servizo público ao que o Goberno está abocando a Correos, pola insuficiencia de persoal (17.000 traballadoras e traballadores menos desde 2007), a precarización de emprego e a desregulación das condicións laborais.

    CCOO, sindicato maioritario de Correos, advertiu da que denomina «extrema situación de risco» da empresa postal pública ante a tesoirada no financiamento público e a ausencia de medidas por parte do Goberno.

    19/11/2017
    CCOO contra o ERE en Unipost

    Tras as concentracións realizadas durante o último mes, coincidindo co período de consultas do ERE e cos seus puntos álxidos os pasados 7 e 8 de novembro, nas que o persoal de Unipost mostrou o seu rexeitamento ao peche da empresa e o ERE de extinción previsto para todo o cadro de persoal en toda España, CCOO volve demandar medidas que eviten o peche definitivo da empresa e o despedimento de máis 2200 traballadores.