FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos
    11/05/2023
    CCOO gaña as EESS en AEAT Ourense

    Tras un proceso electoral cunha alta participación, os traballadores e traballadoras da AEAT de Ourense volveron a confiar en CCOO para que os represente nos órganos de representación con 3 delegados/as de persoal funcionario e 1 delegada no persoal laboral. Este resultado demostra a confianza que os traballadores e traballadoras depositaron no noso sindicato e no noso labor ao longo dos anos.

    15/11/2022
    CCOO denuncia ó Alcalde de Ourense
    • CCOO denuncia a pasividade da Inspección de Traballo ante o incumprimento reiterado.

    CCOO no Concello de Ourense ten denunciado en varias ocasións na Inspección de Traballo a situación insostible que mantén o grupo de goberno,co seu alcalde á fronte, ao non reunir o Comité de Seguridade e Saúde no ano2022, cando a lei obriga a Administración local a facelo cada tres meses.

    13/09/2022
    Denuncia a Urbanos de Ourense
    • O Comité de Urbanos de Ourense con maioría de CC.OO presentou denuncia con 6 puntos na Inspección de traballo no que inclúe o propio Concello de Ourense

    En xuño asinouse o convenio colectivo de Urbanos de Ourense (Grupo Avanza) tras máis de dous anos e medio de negociación, dúas folgas, unha pandemia e dúas mediacións non AGA, mecanismo de resolución extraxudicial de conflitos do Consello Galego de Relacións Laborais.Os incumplimientos reiterados por parte da Empresa obrigaron o Comité de Empresa a denuncialo 

    17/06/2022
    Autobuses da empresa Urbanos de Ourense fóra de servizo durante unha xornada de folga

    Tras máis de dous anos e medio de negociación, dúas folgas, unha pandemia e dúas mediacións, esta mañá asinouse o texto do convenio.

    12/05/2022
    folga buses urbanos ourense
    • O acordo explicouse na Asemblea de traballadores e traballadoras e asinase baixo o amparo legal e mediación do AGA (Organismo de Mediación Laboral da Xunta de Galicia)
    • A asemblea aprobou por unanimidade o acordo e a desconvocatoria da folga
    • Desde CCOO, sindicato maioritario na empresa Urbanos de Ourense do grupo Avanza, valoramos positivamente o acordo e lamentamos que tivese que transcorrer 30 meses de negociación e 9 días de folga para alcanzalo

    O  Comité de Empresa/folga e os representantes da empresa en Urbanos de Ourense asinan un acordo para desbloquear os efectos económicos e de cambio de cómputo de xornada e fixan datas para o 19 e 26 de maio para rematar co resto de Artigos do Convenio.

    04/05/2022
    Numerosos dirixentes de CCOO arrouparon este mediodía en Ourense a compañeira agredida polo alcalde

    Amelia Pérez: «Rueda ten que tomar a primeira decisión do seu mandato: que vai facer na cidade de Ourense, se vai dar apoio ao señor Jácome para seguir sendo alcalde».

    03/05/2022
    CCOO condena a agresión de Gonzalo Pérez Jácome a unha compañeira deste sindicato

    A organización sindical exprésalle o seu apoio á agredida e coida «un desprestixio» para as institucións e para a cidade a continuidade de Jácome na alcaldía.

    03/05/2022
    folga buses urbanos ourense

    A folga indefinida nos autobuses urbanos iniciouse esta medianoite despois de meses de negociacións sen avances. Dentro das reivindicacións expostas está a solicitude de cobrar por unha xornada laboral de 8 horas ao día, 40 horas á semana, con horas extras negociadas, mentres que a empresa propón cobrar mensualmente segundo a liña que realicen, cambiando un sistema que funciona desde 1986 e que o conxunto de traballadores e traballadoras están dispostos a aceptar pero sen que supoña unha perda de salario.

    03/12/2021
    Concentración fronte ao auditorio municipal de Ourense

    Membros da sección sindical de CCOO no Concello de Ourense concentráronse esta venres diante do auditorio municipal, onde se estaba a celebrar o pleno local, e esixíronlle ao alcalde e aos seus asesores «respecto» para os empregados e empregadas públicas.

    15/07/2021
    Reuníon co Concello do Carballiño

    A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Ourense onde se integra o Sector Ferroviario, mantivo unha xuntanza co Alcalde do Carballiño para abordar os problemas máis importantes que hai actualmente no ferrocarril na provincia.

    04/06/2021

    As traballadoras e traballadores do Concello de Ourense volvéronse concentrar este venres na praza Maior para esixirlle ao alcalde que teña «respecto» polo persoal municipal.

    19/02/2021
    CCOO recupera representación no Concello de Ourense
    • Primeira forza sindical nas mesas de técnicos e administrativos e no Consello Municipal de Deportes

    Tras doce anos ausente, CCOO volve entrar no comité de empresa do Concello de Ourense e faino con tres delegados e delegadas, un terzo do total da representación (33,33%).

    29/12/2020
    concentración do persoal de buses urbanos de Ourense
    • O pasado sábado, o persoal rexeitou maioritariamente a última proposta da empresa e avala iniciar os paros
    • Segundo informa o Comité de Empresa, de non acadarse antes un acordo satisfactorio, o calendario de paros parciais rematará co inicio dunha folga indefinida o 15 de xaneiro
    • Os paros reforzaranse con concentracións na Praza Maior nos mesmos horarios e baixo os termos de seguridade establecidos pola situación de pandemia COVID-19.

    O luns comezaron os paros de 6 horas, ao considerar o persoal de Urbanos de Ourense, SL insuficientes os avances na negociación do convenio colectivo que, nun principio, a empresa pretende levar a 4 anos de vixencia, aínda que con data de renovación do 1 de xaneiro de 2020.

    21/12/2020
    Mobilizacións no urbano de Ourense
    • Os paros comezarán o 28 de decembro
    • Desde o 15 de xaneiro, convocada folga indefinida en todas as quendas e servizos

    A asemblea de traballadores e traballadoras tomou a decisión por unanimidade de convocar paros desde o 28 de decembro polas dificultades e estancamento na negociación do convenio colectivo.

    22/10/2020
    Autobuses urbanos ourense

    Dende CCOO a través do Comité de Empresa da actual concesionaria do Transporte Urbano do Concello de Ourense “ Urbanos de Ourense S.L.” do Grupo Avanza, denunciamos a situación insostible do mesmo