FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Denuncia na Inspección de Traballo a Urbanos de Ourense

    • O Comité de Urbanos de Ourense con maioría de CC.OO presentou denuncia con 6 puntos na Inspección de traballo no que inclúe o propio Concello de Ourense

    En xuño asinouse o convenio colectivo de Urbanos de Ourense (Grupo Avanza) tras máis de dous anos e medio de negociación, dúas folgas, unha pandemia e dúas mediacións non AGA, mecanismo de resolución extraxudicial de conflitos do Consello Galego de Relacións Laborais.Os incumplimientos reiterados por parte da Empresa obrigaron o Comité de Empresa a denuncialo 

    13/09/2022.
    Denuncia a Urbanos de Ourense

    Denuncia a Urbanos de Ourense

    Nestes meses produciuse o Incumprimento no abono dos atrasos e  incumprimento do acordo alcanzado no AGA, ao non aplicar incrementos nos pluses de varias categorías.

    Continua ausencia de baños químicos nas cabeceiras de liñas que atenta contra a dignidade dos traballadores e traballadoras e a propia saúde dos mesmos.

    A realización dos recoñecementos médicos para o colectivo de condutores son dificultados pola empresa ao non  planealos como tempo efectivo de traballo 

    O Comité de empresa, elixido democraticamente hai un ano e composto por sindicatos de clase CCOO, UXT e CIG, non dispón de local de reunións nin medios para realizar o seu traballo a pesar de solicitalo reiteradamente.

    Falta de información sobre as quendas do Servizo nocturno “Moucho Bus”, as mais penosas, e dos criterios para asignalos por parte da Empresa é a tónica xeral na Empresa.

    Por primeira vez inclúese ao propio Concello como responsable subsidiario do Servizo xa que en temas como a instalación de servizos nas cabeceiras de liñas xa solicitadas ao propio Concello desde o propio Comité sen que houbese resposta respecto diso , o Comité considérao responsable deste tema

    CCOO espera que a Inspección de Traballo obrigue de maneira urxente a Autobuses Urbanos de Ourense á corrección dos incumplientos reiterados na lexislación laboral básica e tributaria que os traballadores e traballadoras da devandita empresa continúan sufrindo