FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos
    14/08/2024
    Oficina do INSS na Coruña

    Os sindicatos lémbranlle ao Goberno central que é unha obriga cumprir os acordos asinados.

    19/06/2024
    O persoal da Axencia Tributaria reclama melloras laborais

    Houbo concentracións en todas as delegacións especiais da AEAT no Estado. Por este motivo, o persoal de Galicia protestou na Coruña.

    11/05/2024
    CCOO alerta do risco de colapso na atención ao público de Tráfico
    • O sindicato advirte da alta taxa de vacantes existentes: 66% en Lugo e case un 50% en Vigo, superando o 30% na Coruña e Santiago de Compostela.
    • A finalización dos contratos de traballo temporais provocará peches e atrasos na Dirección Xeral de Tráfico este verán, un dos períodos de maior demanda por parte da cidadanía.

    CCOO alerta de que a finalización de 150 contratos de persoal interino este mes de maio pon en risco a atención á cidadanía nas oficinas da Dirección Xeral de Tráfico. Sinala, ademais, que se mantén o problema estrutural da falta de persoal, xa que se manteñen vacantes case o 50% das prazas no organismo encargado, entre outras funcións, de velar pola seguridade viaria.

    05/02/2024
    CCOO

    Reunida a Comisión Executiva da FSC de Galicia o día 2 de febreiro de 2024 acordan aprobar o anexo específicode contido organizativo e calendario que regulará o proceso das asembleas congresuais de nivel I e II do Sectorda Administración Xeral do Estado en Galicia previo o Congreso Extraordinario do Sector da AdministraciónXeral do Estado da FSC -CCOO

    11/05/2023
    CCOO gaña as EESS en AEAT Ourense

    Tras un proceso electoral cunha alta participación, os traballadores e traballadoras da AEAT de Ourense volveron a confiar en CCOO para que os represente nos órganos de representación con 3 delegados/as de persoal funcionario e 1 delegada no persoal laboral. Este resultado demostra a confianza que os traballadores e traballadoras depositaron no noso sindicato e no noso labor ao longo dos anos.

    31/01/2023
    Concentracion de AGE en Ferrol
    • A concentración terá lugar fronte á entrada do Arsenal Militar de Ferrol (Porta do Dique), o próximo día 3 de febreiro de 2023 as 10.30

    CCOO convoca unha concentración el viernes 3 de febreiro en Ferrol para esixir unha Lei da Función Pública con garantías para os empregados e empregadas da Administración Xeral do Estado. Entre os aspectos pendentes máis importantes, están os dereitos na mobilidade, o desenvolvemento do grupo profesional B, a garantía retributiva, a extensión á totalidade do persoal, a eliminación da discrecionalidad na adxudicación de postos, a reconvocatoria de postos vacantes nas ofertas de emprego público, a supresión da mobilidade forzosa ou asegurar a xornada laboral de 35horas.

    20/12/2022
    Folga Inspectores de traballo

     Comisións Obreiras (CCOO) e outros sindicatos convocan folga en todo o Estado na Inspecciónde Traballo e Seguridade Social para mañá mércores, 21 de decembro. A decisión adoptouse tras ano emedio de incumprimento do acordo asinado en xullo do 2021 para modernizar e reforzar o labor desteorganismo. Porén, desde aquela non houbo avances por parte dos dous ministerios implicados, o deTraballo e o de Seguridade Social. Segundo as organizacións sindicais, transcorridos xa dezaoito meses, asdeficiencias da Inspección son cada día «máis graves e máis palpables», polo que cómpren «soluciónsurxentes». 

    10/11/2022
    Edificio de Galeras de Santiago de Compostela
    Os edificios públicos abren polas tardes para atender á cidadanía

    Ante as críticas da veciñanza ao respecto do gasto enerxético do edificio da Tesorería daSeguridade Social de Galeras en Santiago de Compostela, CCOO defende o aforro enerxéticopor parte de todas as Administracións públicas e tamén os dereitos das persoas empregadaspúblicas á conciliación da vida persoal e laboral.

    09/03/2022
    Inspección de Traballo e Seguridade Social

    Concentracións o día 22 diante das sedes provinciais e folga o 30 de marzo.

    22/06/2021
    Parador de Baiona | Foto: Google S. View
    • O sindicato insta a empresa a acatar xa a sentenza, que ten carácter executivo, para non dilatar a solución e non incrementar tampouco o custo para as arcas públicas

    Con motivo do estado de alarma, a empresa deixou sen pagar diversos complementos salariais ao persoal, causándollee un notable prexuízo económico.

    27/03/2020
    Condenado o INE a indemnizar con 6251 euros a CCOO por vulneración do dereito á liberdade sindical
    • O Instituto Nacional de Estatística negárase a entregarlle ás delegadas deste sindicato a documentación que solicitaban sobre o persoal do centro de traballo da Coruña

    O Xulgado do Social n.º 1 da Coruña, na sentenza emitida o pasado 12 de marzo, condenou o Instituto Nacional de Estatística (INE) por incorrer nunha vulneración do dereito á liberdade sindical de Comisións Obreiras (CCOO), concretamente o dereito á información. A resolución xudicial obriga o organismo público a entregarlle ao sindicato a documentación que solicitaba e fixa unha indemnización de 6251 euros, a mínima posible para as infraccións graves.

    24/03/2020
    CCOO reclama que o colectivo de prisións sexa incluído como persoal de alto risco fronte ao COVID-19
    • Solicitamos que se actualicen as recomendacións das autoridades sanitarias coa ampliación dos colectivos esenciais que deben ser considerados persoal con alto risco de exposición ao COVID-19, e se inclúa o conxunto do persoal de penais que ten contacto directo coas persoas privadas de liberdade.

    Institucións Penitenciarias é un servizo público esencial que traballa coa poboación reclusa, considerada especialmente vulnerable por padecer patoloxías previas e inmunodeficiencia adquirida polo confinamento en espazos pechados. Parte do colectivo profesional que traballa con eles ten que manter un contacto estreito e no pode gardar a distancia de seguridade preventiva de máis de dous metros. Por iso, levan semanas pedindo que lles proporcionen os equipos de protección individual (EPI), unha demanda que aínda non foi atendida na maioría dos centros penais do Estado.

    10/04/2019
    Portos do Estado en folga
    • A folga convocada por CCOO afectará a todo o sistema portuario de titularidade estatal, Portos do Estado e 28 Autoridades Portuarias.

    A folga convócase pola falta de resposta ao asinamento do preacordo de III Convenio Colectivo, asinado polas partes lexitimadas o pasado día 3 de outubro do 2018. O preacordo acadado segue sen ser aprobado polo Ministerio de Facenda, a pesar do tempo transcorrido, de contar co visto e prace do Ministerio de Fomento e do compromiso do propio ministro de Fomento de levalo a termo.

    21/09/2018
    CCOO non acudirá ás celebracións da festividade das prisións
    • O sindicato denuncia que levan trece anos sen posibilidade de negociar un acordo de mellora das condicións laborais dun cadro de persoal envellecido ?a idade media é de 52 anos? e á cabeza de Europa en sufrimento de agresións ?cerca de 500 físicas e 10 000 psicolóxicas cada ano.

    O próximo 24 de setembro celebraranse actos en todos os centros penais de España con motivo da festividade da Mercé, padroa de Institucións Penitenciarias. Neste día, CCOO denuncia que a precariedade laboral e a deterioración do servizo público penitenciario non poden seguir financiando o funcionamento do sistema público de prisións.

    04/07/2018
    Novo éxito do Gabinete Xurídico de CCOO de Ourense
    • Segundo informa CCOO, o Alto Tribunal declara accidente laboral o desprendemento de retina dunha funcionaria pública da Administración Xeral do Estado de Ourense

    A Asesoría Xurídica de CCOO viu estimado o seu recurso de casación ante o Tribunal Supremo, polo que ven de declarar que o desprendemento de retina sufrido durante a súa xornada laboral por unha administrativa da Delegación Provincial de Ourense da Intervención General da Seguridade Social (Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social) debe ser considerado como accidente de traballo.