FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Convocada concentración en Ferrol na Administración Xeral do Estado

    • A concentración terá lugar fronte á entrada do Arsenal Militar de Ferrol (Porta do Dique), o próximo día 3 de febreiro de 2023 as 10.30

    CCOO convoca unha concentración el viernes 3 de febreiro en Ferrol para esixir unha Lei da Función Pública con garantías para os empregados e empregadas da Administración Xeral do Estado. Entre os aspectos pendentes máis importantes, están os dereitos na mobilidade, o desenvolvemento do grupo profesional B, a garantía retributiva, a extensión á totalidade do persoal, a eliminación da discrecionalidad na adxudicación de postos, a reconvocatoria de postos vacantes nas ofertas de emprego público, a supresión da mobilidade forzosa ou asegurar a xornada laboral de 35horas.

    31/01/2023.
    Concentracion de AGE en Ferrol

    Concentracion de AGE en Ferrol

    Outros cuestións sen resolver son:

    • Frear a destrución de emprego público, reducir a temporalidade e a precariedade do emprego
    • Elaborar un diagnóstico de emprego para orientar as ofertas de emprego e a mobilidade do persoal
    • Impulsar a promoción interna
    • Avanzar na conciliación e corresponsabilidade
    • Incrementar as retribucións, especialmente as máis baixas
    • Desenvolver a carreira profesional
    • Exuvenecer os persoais aplicando a xubilación parcial

    O Convenio Único do persoal laboral da AGE asinado o 3 de marzo de 2019 e publicado en maio do mesmo ano, está a ser incumprido por parte do Goberno. O atraso no encuadramiento, a paralización do dereito á xubilación parcial despois dun ano do comezo do prazo para presentar as solicitudes.

    Os acordos sobre distribución de fondos adicionais para 2018, 2019 e 2020 aplicáronse, nos seus dous primeiros anos, con interpretacións unilaterais por parte da Administración.

    Todos estos aspectos están a xerar desigualdades e situacións inxustas. Ademais, aínda non se iniciou a discusión relativa ás medidas correspondentes a 2020, fundamentalmente dirixidas a establecer o soporte da futura carreira profesional. Esperemos que isto unicamente signifique atrasos na súa aplicación e non unha vontade de eludir o seu pago como está a suceder co Convenio Único.

    A pesar dos anuncios do Goberno, as políticas de igualdade continúan esquecidas

    Os múltiples intentos por dar solución a estes problemas a través do diálogo non obtiveron resposta por parte da representación da administración na AGE e obriga a esta mobilización