FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos
    06/03/2024
    Oficina de Correos de Vilagarcía de Arousa

    A falta de efectivos prexudica especialmente as zonas rurais e obriga o persoal a facer máis quilómetros.

    06/10/2023
    Extracto da sentenza gañada polos servizos xurídicos de CCOO

    A Xustiza volve corrixir o Goberno local nunha actuación abusiva cun policía xubilado que asistiu ao xulgado por un asunto pendente da súa actividade policial e negóuselle a indemnización a que tiña dereito.

    26/05/2023
    CCOO gaña as EESS na Deputación de Pontevedra

    Comisións Obreiras (CCOO) renovou a súa maioría absoluta na xunta de persoal da Deputación de Pontevedra tras a celebración o xoves das eleccións sindicais na institución provincial. Nestes comicios participou aproximadamente o 82 % das 856 funcionarias e funcionarios, distribuídos en catro mesas. A candidatura de CCOO gañou en todas as mesas e logrou 11 dos 21 delegados e delegadas que se elixían (52,38 %), seguida da UGT con sete e da CIG con tres.

    03/05/2022
    Curso RPT en Pontevedra

    O curso está dirixido a delegados e delegadas da administración local de CCOO co fin de negociar a  RPT, Relación de Postos de Traballo, de maneira máis  axeitada na defensa dos traballadores e traballadoras

    27/05/2022

    Unha manifestación percorreu hoxe a estrada de Pontevedra a Marín, convocada pola sección sindical de CCOO en ENCE, os comités das auxiliares e demais sectores dependentes. O sindicato quere a permanencia de ENCE en Lourizán e a adscrición ao porto de Marín dos terreos que ocupa a fábrica, única alternativa viable para evitar o peche e a perda de milleiros de postos de traballo, e rematar con esta situación de ataque a moitas familias de traballadores e traballadoras.

    17/01/2022
    Sede da Deputación de Pontevedra (foto: Wikipedia)

    CCOO lamenta que unha institución gobernada por partidos de esquerdas obrigue a acudir á Xustiza para recoñecer os dereitos laborais.

    21/12/2021
    Concello de Cerdedo-Cotobade.

    As eleccions sindicais no Concello de Cerdedo-Cotobade foron convocadas polo sindicato CSIF, que era o único sindicato con representación nesa administración  (1 Delegado de Persoal funcionario e 3 de Persoal laboral).

    22/11/2021
    O persoal do Concello de Pontevedra reivindica negociación

    Os sindicatos e agrupacións con representación na xunta de persoal e no comité de empresa do Concello de Pontevedra acudiron ao pleno municipal este luns, 22 de novembro, para reivindicar negociación fronte á imposición.

    18/10/2021
    Eleccions sindicais en r Vigo

    As eleccións sindicais celebradas este luns 18 de outubro proclamaron ao candidato de CCOO, Anxo Graña, novo delegado de persoal. 

    17/06/2021
    Casa do Concello de Sanxenxo

    O sindicato advirte de que «o persoal non pode pagar o pato das malas decisións» do Concello.

    10/02/2021
    Actividade portuaria en Marín | Foto: Arquivo CCOO

    O sindicato denuncia a asignación de traballos de inferior categoría e exceso horario nas xornadas laborais, entre outras irregularidades.

    21/12/2020
    Doazon banco alimentos do persoal de Ence

    Un gran número de traballadores e traballadoras da empresa pontevedresa quixeron mostrar a súa faceta máis solidaria cedendo a contía da súa cesta de Nadal e doando a cantidade resultante á oenegué Banco de Alimentos de Monte Porreiro, en Pontevedra.