FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO gana as eleccións sindicais no Concello de Cerdedo-Cotobade.

      As eleccions sindicais no Concello de Cerdedo-Cotobade foron convocadas polo sindicato CSIF, que era o único sindicato con representación nesa administración  (1 Delegado de Persoal funcionario e 3 de Persoal laboral).

      21/12/2021.
      Concello de Cerdedo-Cotobade.

      Concello de Cerdedo-Cotobade.

      Na votación celebradas hoxe, correspondía elexir 1 Delegado de Persoal funcionario, e un Comité de Empresa de 5 membros, polo persoal laboral.

      Nas eleccions sindicais do persoal funcionario, cuxo censo estaba formado por 11 traballadores e traballadoras, participou a totalidade do censo na votación e saiu elexida a candidata de CC.OO. A CIG, que presentou 2 candidatas non consigueu representación.

      O censo do persoal laboral laboral estaba formado por 61 traballadores, 12 do colexio de Técnicos e Administrativos e 49 polo colexio de Especialistas. Na votación participaron 52 traballadores/as, saindo elexidos os 5 membros do Comité de Empresa por CC.OO, xa que nin a CSIF (sindicato convocante) nin a CIG conseguiron presentar candidatura.

      A CSIF presentara anteriormente unha impugnación, porque pretendía retrasar un mes todo o proceso electoral, pero xustamente no día de hoxe o arbitro que ditou o Laudo non estimou a súa reclamación.

      CCOO quere dar as GRAZAS AO PERSOAL do Concello de Cerdedo-Cotobade por mostrar desta maneira tan rotunda o seu apoio as candidaturas propostas polo noso sindicato.

      Agora toca iniciar o traballo para cumprir co obxetivo reivindicativo no concello de Cerdedo-Cotobade dá negociación dun novo Convenio Colectivo e Acordo Regulador, as bases para a estabilización do persoal laboral temporal e a negociación da Relación de Postos de Traballo, que esperamos se inicien na segunda quincena do vindeiro mes de xaneiro.