FSC-CCOO Galicia | 10 Outubro 2025.

  • Men煤 Documentos
    13/08/2025
    Primeira edici贸n do CURSO "FERRAMENTAS OFIM脕TICAS NO LABOR SINDICAL, DRIVE"

    O obxectivo deste curso é achegar as persoas participantes o coñecemento das ferramentas ofimáticas para facitarlle a súa acción sindical.

    02/06/2025
    Probas de avaliaci贸n da EGAP correspondentes ao programa de autoformaci贸n.

    A EGAP publica no DOG de hoxe, 2 de xuño de 2025, as Probas de avaliación da  EGAP  correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

    12/05/2025
    Curso CCOO FSC Galicia

    Curso incluído no plan de formación da FEDAP 2024-2025 destinado á formación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva e o diálogo social, no ámbito das administracións públicas

    05/05/2025
    Curso Comunicaci贸n para sindicalistas

    O obxectivo deste curso é achegar ás persoas participantes as ferramentas necesarias para mellorar a súa comunicación e a oratoria.

    02/06/2022
    Curso de formaci贸n de FSC CCOO Galicia

    Realizouse o curso correspondente a unhas das ferramentas que pon á nosa disposición Google e que servirán para mellorar a atención que se realiza á afiliación de CCOO por parte dos nosos delegados e delegadas. Ao curso asistiron 25 persoas nas instalacións da EGAP en Santiago de Compostela e forma parte dun ambicioso plan de formación dirixido aos delegados e delegadas de CCOO

    29/04/2022
    Cursos de n贸minas de iberia

    A Federación de Servizos á Cidadanía comeza a desenvolver unha serie de cursos destinados a cadros sindicais, delegados e delegadas de CCOO co fin de dar resposta ás necesidades da afiliación 

    18/04/2022
    Escola Galega Administraci贸n P煤blica
    • O prazo de presentaci贸n de solicitudes ser谩 desde o d铆a 6 de abril e ata o 31 de maio de 2022.

    A Escola convoca 11.000 prazas distribuídas nas 55 materias correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

    31/03/2022
    Curso n贸minas Iberia
    • O curso ser谩 o pr贸ximo 7 de abril

    A secretaria de Formación da FSC Galicia en colaboración co Sector Aeréro Galicia organiza un curso de formación sindical sobre.Análise dunha nómina da empresa Iberia

    15.02.2022

    Convocatoria formaci贸n continua materia idiomas. DOG 27

    DOG nº 27 de 9 de febreiro 2022

    Ver documento

    08/02/2022
    Escola Galega Administraci贸n P煤blica
    • Os cursos son de nivel medio e superior
    • A modalidade dos cursos 茅 teleformaci贸n
    • O prazo de presentaci贸n de solicitudes finaliza o 17 de febreiro as 14 horas

    Convocados os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022. Os cursos van dirixidos ao persoal do servizo da Administración xeral da CA de Galicia, institucións e entidades públicas instrumentais do sector público autonómico. Os cursos programados son: curso medio de linguaxe administrativa galega, 12 edicións, 25 prazas por edición; e curso superior de linguaxe administrativa galega, 9 edicións, 25 prazas por edición

    04/02/2022
    Oposici贸ns administraci贸n de xustiza
    • Prepara as oposici贸ns con profesionais cualificados e prezos accesibles
    • Matr铆cula de balde durante o mes de febreiro do 2022
    • Comezan os cursos o 3 de marzo de 2022

    O sector de Xustiza da Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia inicia cursos de preparación para as próximas convocatorias ás oposicións de xustiza, con profesionais cualificados e prezos accesibles. Unha preparación de oposicións con seguimento personalizado, con temarios e cuestionarios propios, tratamento próximo e baixo a filosofía de CCOO, na busca dun posto definitivo na Administración de Xustiza, cos mellores medios comunicativos, infraestrutura e formación de que dispón a nosa organización.

    02/02/2022
    II taller de comunicaci贸n

    O día 1 de febreiro continuose cos talleres de comunicación da Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia coa participación de 25 delegadas e delegados. O taller impartiuse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Este curso estaba dedicado á elaboración de notas de prensa e relacións cos medios

    02/02/2022
    Escola Galega Administraci贸n P煤blica
    • A Escola Galega de Administraci贸n P煤blica publica no DOG do 1 de febreiro as actividades formativas
    • O prazo de presentaci贸n de solicitudes remata en 10 d铆as a partir de hoxe

    O 27 de xaneiro de 2022 se convocaron as actividadesformativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para opersoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza e das entidades locais, así como para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

    24/01/2022
    I Taller de comunicaci贸n

    O día 24 de xaneiro iniciáronse os talleres de comunicación da Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia coa participación de 25 delegadas e delegados. O taller realizouse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Este primeiro curso estaba dedicado ás ferramentas ofimáticas de Google.O próximo 1 de febreiro continuarán os talleres