FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Convocado o programa de autoformación da EGAP para o ano 2022

    • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 6 de abril e ata o 31 de maio de 2022.

    A Escola convoca 11.000 prazas distribuídas nas 55 materias correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

    18/04/2022.
    Escola Galega Administración Pública

    Escola Galega Administración Pública

    Acceso aos contidos

    Os contidos dos cursos de autoformación estarán dispoñibles a partir do día 6 de abril e ata o 20 de decembro de 2022, agás para os contidos sobre a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, que estarán dispoñibles a partir do 1 de xullo de 2022, e os contidos sobre acción exterior das administracións públicas galegas: Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, e sobre a Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, que estarán dispoñibles a partir do día 1 de outubro de 2022.

    A solicitude de acceso aos contidos poderá facerse en https://egap.xunta.gal/matricula

    Cada persoa determinará libremente o número de contidos nos que queira inscribirse e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

    O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin é tampouco un requisito para matricularse nelas nin dá dereito á expedición dun diploma.

     Probas de avaliación

    Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame e conseguir un certificado de equivalencia.

    Matrícula: desde as 8 horas do 6 de marzo ata as 23.55 horas do 31 de maio en https://egap.xunta.gal/matricula

    O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar limítase a cinco.

    Documentación asociada
    Documentación asociada