FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos
    23/04/2021
    Cartel do 28 de abril de 2021
    • A saúde e a seguridade, un dereito fundamental no traballo

    O 28 de abril é a data que elixiu o movemento sindical para lembrar as compañeiras e compañeiros que perderon a saúde e a vida en accidentes de traballo ou por enfermidades de orixe laboral e para denunciar as precarias condicións laborais que están na orixe destes danos. Posteriormente, a Organización Internacional do Traballo (OIT) institucionalizouna como Día Internacional para a Saúde e a Seguridade no Traballo.

    15/10/2020
    Coordinadora Estatal de Bomberas y Bomberos

    O pleno da Comisión Nacional, reunido onte, 14 de outubro, aprobou por unanimidade un documento consensuado no seu Subgrupo de Traballo de Actividades de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento, no que se recoñece que as tarefas habituais deste tipo de actividades están baixo o amparo da LPRL e o resto de reais decretos que a desenvolven.

    02/10/2020
    resolucion inspeccion
    • Comisións congratúlase por unha decisión que reforza a protección da saúde dos empregados e empregadas públicas

    A Inspección de Traballo dálle a razón a Comisións Obreiras (CCOO) e insta a Xunta de Galicia a lle proporcionar máscaras a todo o seu persoal. O sindicato pedira en reiteradas ocasións que se lles facilitase este elemento de protección a todas as traballadoras e traballadores da Administración autonómica.

    28/04/2020
    #COVID19
    #28AbrilStopCOVID19
    • A epidemia de COVID-19 revela a debilidade da prevención de riscos laborais en España
    • A finais dos anos oitenta do pasado século, os sindicatos estadounidenses elixiron o 28 de Abril como día para honrar a memoria das persoas vítimas de accidentes de traballo ou de enfermidades de orixe laboral. Co paso dos anos, esta data de lembranza estendeuse ao conxunto do movemento sindical internacional.

    Cada 28 de Abril, CCOO e UGT lembramos as traballadoras e traballadores que están detrás das estatísticas de accidentes e enfermidades laborais e que sofren as súas peores consecuencias, denunciamos as condicións de traballo que están na orixe desta eiva social e realizamos propostas de cambio na normativa e nas políticas para mellorar a saúde e a seguridade da clase traballadora.

    18/03/2020

    Medidas excepcionais en relación cos procedementos de suspensión de contratos e redución de xornada por causa de forza maior.

    23/07/2019
    Socorrismo Vigo
    • CCOO apoia a mobilización que o persoal de Salvamento, Socorrismo e Accesibilidade ao Baño de Vigo ten convocada para este vindeiro sábado 27 de xullo ás 10:00.

    O delegado de persoal de CCOO salienta a necesidade da mellora e dignificación do Servizo, que ten que pasar por un aumento orzamentario e polo cumprimento por parte da Empresa do Convenio Colectivo e do Prego Municipal.

    04/07/2018
    Novo éxito do Gabinete Xurídico de CCOO de Ourense
    • Segundo informa CCOO, o Alto Tribunal declara accidente laboral o desprendemento de retina dunha funcionaria pública da Administración Xeral do Estado de Ourense

    A Asesoría Xurídica de CCOO viu estimado o seu recurso de casación ante o Tribunal Supremo, polo que ven de declarar que o desprendemento de retina sufrido durante a súa xornada laboral por unha administrativa da Delegación Provincial de Ourense da Intervención General da Seguridade Social (Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social) debe ser considerado como accidente de traballo.

    30/09/2016
    Xornada mundial polo traballo decente
    • Alto á avaricia corporativa. Non aos contratos lixo, aos baixos salarios e á precariedade.

    A Xornada Mundial polo Traballo Decente véna promovendo a CSI cada 7 de outubro desde o ano 2008, como día de mobilización mundial en que todos os sindicatos do mundo se manifestan esixindo o traballo decente. A demanda de traballo decente foi en aumento ano tras ano de resultas do declive que sufriu o mundo do traballo, no que a nova economía global, lonxe de xerar progreso e benestar para as persoas, incrementou a pobreza e a desigualdade a escala mundial.

    26/05/2016
    Sinistro de Fandicosta

    Os equipos TETRA da Xunta non lles resultaron operativos aos corpos de bombeiros durante o incendio de Fandicosta, así o afirma a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia nesta nota informativa dirixida aos medios de comunicación e que publicamos no PDF adxunto

    11/05/2016
    Sinistro en FANDICOSTA
    • CCOO ve nos problemas de atención no sinistro de Fandicosta un exemplo da «irresponsabilidade» en materia de emerxencias

    Para a Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia (FSC-CCOO), os problemas de atención no sinistro de Fandicosta son un exemplo da «irresponsabilidade» das administracións públicas en materia de emerxencias. O sindicato acusa a Xunta e as deputacións de manteren un sistema «esencial» fraccionado entre diferentes empresas privadas, sen regulación homoxénea, sen un mando único nin coordinación entre dispositivos. A esta situación súmase a do 112, que está «privatizado e en precario».

    13/04/2016
    28 de abril
    • A saúde no traballo depende de leis firmes, controis rigorosos e sindicatos fortes

    En 2016 celebramos o vixésimo aniversario da entrada en vigor da Lei de prevención de riscos laborais. Neste período asistimos ao tránsito desde a seguridade e hixiene franquista á prevención de riscos emanada da Directiva Marco europea.

    22/03/2016
    Delegados e delegadas de prevención
    • Sentenza do Tribunal Supremo, Sala do Social, polo Recurso 79/2015, con Fernando Salinas como relator

    O Tribunal Supremo Sentenza que os delegados e delegadas de prevención teñen dereito a accederen aos documentos de investigación dos accidentes de traballo que realice a empresa por si ou ao seu cargo, coma se da autoridade laboral se tratase.

    24/02/2016
    Marcha europea en favor das persoas refuxiadas
    • Reivindicarase unha pasaxe segura para que as súas vidas non corran perigo no mar

    CCOO apoia as manifestacións que terán lugar na Coruña e Vigo o sábado, día 27, en solidariedade coas persoas refuxiadas. Esíxense medidas para que os seus dereitos sexan protexidos, así como unha pasaxe segura que lles evite arriscar a vida no mar.

    01/06/2015 | Manuel Lago Peñas, Economista de CCOO
    Aumenta a exclusión social
    • En Galicia, coma no resto de España, a taxa de cobertura ao desemprego baixou un 30 % dende 2010

    Non é casualidade que un informe da OCDE e outro do Gabinete Confederal de CCOO coincidan, case no mesmo día, nun diagnóstico similar: o insoportable aumento da pobreza e a desigualdade en España. Un organismo conservador como é a OCDE non dubida en afirmar que a crecente desigualdade entre ricos e pobres supón, ademais dun maior sufrimento social, un freo á recuperación da economía.

    01/06/2015
    CCOO contra o TTIP

    Para CCOO, a aprobación deste acordo levaría á destrución de centos de milleiros de postos de traballo, á desregulación dos nosos estándares ambientais, laborais e sociais, e á entrada ao dúmping social e a ruptura do estado de benestar tal e como o coñecemos agora.