FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Os delegados e delegadas de prevención teñen os mesmos dereitos que a autoridade laboral

    • Sentenza do Tribunal Supremo, Sala do Social, polo Recurso 79/2015, con Fernando Salinas como relator

    O Tribunal Supremo Sentenza que os delegados e delegadas de prevención teñen dereito a accederen aos documentos de investigación dos accidentes de traballo que realice a empresa por si ou ao seu cargo, coma se da autoridade laboral se tratase.

    22/03/2016.
    Delegados e delegadas de prevención

    Delegados e delegadas de prevención

    É de interese xa que recolle e afirma os dereitos dos delegados e delegadas de prevención a accederen á investigación dos accidentes de traballo que realice a empresa, como parte da información da avaliación de riscos, e a similitude do dereito que ao respecto ten a autoridade laboral para o cumprimento das súas funcións de control.
     
    A sentenza é consecuencia da demanda que se presentou por conflito colectivo ante a Sala do Social da Audiencia Nacional, por consideración dunha das partes demandantes como «sindicato con representación» e, ademais, a declaración dos accidentes como non laborais, utilizando para iso o informe da investigación do accidente de traballo que realiza a empresa de forma ilegal.
     
    De aí amplíase a interpretación cara ao dereito dos delegados e delegadas de prevención a recibiren a información deses informes de investigación dos accidentes de traballo que realiza a empresa, actuación que, segundo a parte demandante, fai vulnerando preceptos legais e regulamentarios, que despois constitúen a base para a consideración ou non do accidente de traballo. Este último feito non foi suficientemente acreditado para a sentenza.
     
    A Sala do Social da Audiencia Nacional ditou sentenza, que é relevante para nós, na que se declara que os delegados/as de prevención teñen dereito a acceder aos informes e documentos resultantes da investigación dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais realizada pola empresa.
     
    A sentenza tivo recursos de casación tanto polo avogado do Estado que representaba unha das partes demandadas, como polo sindicato demandante.
     
    Na sentenza de instancia da Audiencia Nacional que motivou o recurso de casación que agora resolve o Tribunal Supremo, razóase fundadamente ?e así o asume o Tribunal Supremo?, que os delegados de prevención teñen dereito a acceder, ao igual que as autoridades laborais, aos informes e documentos resultantes das investigacións que faga a empresa dos danos para a saúde dos traballadores, xa que eses informes forman parte do proceso global de avaliación dos riscos laborais, mesmo cando poidan existir determinadas limitacións por diversas causas (FDº 4.2.)
     
    Seguindo o razoamento, engade: «A remisión ao artigo 23 da Lei 31/1995 supón que o dereito de información dos delegados de prevención ten a mesma extensión que a potestade informativa da propia Autoridade Laboral neste ámbito, posto que o dito artigo define a documentación que o empresario debe elaborar e conservar a disposición da Autoridade Laboral».
     
    Ademais: «A investigación de accidentes de traballo e enfermidades profesionais non é unha actividade autónoma, senón unha parte do proceso de avaliación dos riscos laborais, en canto elemento eventualmente determinante da revisión da avaliación inicial. O acceso aos resultados da dita investigación forma parte do dereito de información sobre a avaliación dos riscos e está comprendido dentro do artigo 23 da Lei 31/1995, de maneira que a Autoridade Laboral ten dereito a acceder a tales investigacións e, por conseguinte tamén teñen dereito a iso os delegados de prevención». Como se desprende do artigo 36.2.b da Lei 31/1995, en relación co artigo 23 da mesma lei.
     
    A sentenza do Tribunal Supremo corrobora os argumentos e teses da sentenza da Audiencia Nacional canto a:
     
    No exercicio das súas competencias, os delegados de prevención estarán facultados para:
     
    O Accederen, coas limitacións previstas no apartado 4 do artigo 22 da Lei 31/1995 (confidencialidade de datos persoais de saúde) á información e documentación relativa ás condiciones de traballo que cumpran para o exercicio das súas funcións e, en particular, á prevista nos artigos 18 e 23 da Lei de prevención de riscos laborais. Será subministrada con respecto pleno á confidencialidade dos datos sensibles.
    O     Isto inclúe: o Plan de prevención de riscos laborais, avaliación dos riscos e planificación da actividade preventiva.
    O Cando se producise un dano para a saúde dos traballadores ou cando, con ocasión da vixilancia da saúde (art. 22, Lei 31/1995) aparezan indicios de que as medidas de prevención resultan insuficientes, o empresario levará a cabo unha investigación ao respecto, co fin de detectar as causas destes feitos.
     
    Polo que o dereito á información dos delegados de prevención ten a mesma extensión que a potestade informativa da propia autoridade laboral neste ámbito, e a investigación dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais forma parte do proceso de avaliación dos riscos laborais e o acceso aos seus resultados fai parte do dereito de información sobre a avaliación de riscos comprendido no artigo 23 da Lei 31/1995, polo que a autoridade laboral ten dereito acceder a tales investigacións e, por conseguinte, tamén teñen ese dereito os delegados e delegadas de prevención.
     

    Documentación asociada
    Documentación asociada