FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos
    24/09/2024
    videoconferencia con Esquerda Republicana

    Representantes do grupo parlamentario da formación política, o secretario dePolítica Institucional de FSC-CCOO e delegados e delegadas de CCOO acordan colaborar na análise das causas tras a apertura do proceso de negociación doERE, que afecta a 795 persoas traballadoras.

    18/09/2024
    Non ao ERE en MásOrange

    A empresa prevé despedir persoal en caso de que non haxa abondas adhesións voluntarias ao ERE.

    02/07/2024
    CCOO denuncia o incumprimento de Zegona
    • Para lograr a aprobación gobernamental da operación, Zegona Bidco adquiriu uns compromisos de investimento que incumpre agora coa presentación do ERE.

    CCOO denuncia que a empresa Zegona Bidco incumpre os compromisos adquiridos co Goberno para que este autorizase a compra de Vodafone España, que incluían un aumento do investimento e unha aposta pola despregadura da tecnoloxía 5G. A presentación dun ERE para 1198 persoas supón un incumprimento deses compromisos por parte da empresa.

    09/02/2024
    Telefonica

    Finalizado este 8 de febreiro o prazo de adscrición voluntaria ao proceso de despedimento colectivo (ERE) que se iniciou o pasado 9 de xaneiro, presentáronse un total de 3640 persoas, o que significa que non haberá ningunha saída forzosa.

    29/09/2023
    Profesional teletraballando

    CCOO lembra que as persoas que teletraballan teñen os mesmos dereitos laborais ca as demais.

    31/08/2023
    folga do persoal de Atento Coruña
    • Paro de 24 horas e unha concentración de traballadores e traballadoras o 8 de setembro

    CCOO apoia ao Comité de Empresa de Atento Coruña na convocatoria dun paro de 24 horas e una concentración o 8 de setembro esixindo a readmisión dos compañeiros e en defensa de os seus postos de traballo 

    20/06/2023
    Xornada de folga contra o ERE en Abai, a antiga Extel-A Coruña (19/6/2023)

    En todo o Estado, o ERTE afectaría a 341 persoas, 70 delas na Coruña.

    08/06/2023
    Concentración diante do centro de traballo de Abai, na Coruña, con motivo da folga (20/10/2021)

    A primeira xornada de folga será o martes, 13 de xuño, data en que haberá unha concentración ás 12 horas diante do centro de traballo coruñés, no barrio de Matogrande.

    24/05/2023
    CCOO Galicia Telefónica

    CCOO consigue 3 delegados en Ourense y 6 delegados e delegadas na Coruña nas Eleccións Sindicais celebradas este mércores que, sumados aos conseguidos na provimcia de Pontevedra reflicten un resultado de 15 delega@s, maioría no conxunto de representantes de traballadores e traballadoras en Telefónica en Galicia

    03/02/2023
    CCOO gaña as EESS en Orange Vigo

    O 3 de febreiro celebrouse as eleccións sindicais en Orange Vigo. Cunha participación do 94,4 % a traballadora presentada pola Candidatura de CCOO saliu elexida por 12 votos (70,59%), mentras a candidatura de UXT obtivo 5 votos ( 29,41 %) 

    13/06/2022
    Manifestación en Vigo do sector de centros de chamadas

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia destaca o gran seguimento no comezo da folga de 24 horas convocada para este luns no sector de centros de chamadas, así como na manifestación que tivo lugar en Vigo.

    18/04/2022
    Folga no Contact Center
    • Á folga de 24 horas o próximo 13 de maio

    CCOO e UGT fan un chamamento masivo a sumarse á súa convocatoria de folga de 24 horas para loitar polos dereitos laborais no sector de centros de chamadas

    23/02/2022
    Eleccións Sindicais Telyco Pontevedra

    Este 22 de febreiro celebráronse as eleccións sindicais para renovar a representación sindical en Telyco da provincia de Pontevedra. O incremento de persoal nos últimos anos neste territorio propiciou que se pasara de un a tres representantes. Cunha participación aproximada do 80 %, CCOO obtivo uns resultados que posibilitan conseguir dúas das tres persoas delegadas que se elixían.

    23/02/2022
    O ‘contact center’ mobilízase por un convenio xusto

    Ante a falta de avances na negociación do convenio colectivo do sector de centros de chamadas (contact center), este 22 de febreiro, coincidindo cun congreso da patronal, fíxose diante do Hotel Ritz de Madrid a primeira concentración para reclamar aumentos salariais para este colectivo

    10/02/2022
    Salario Mínimo Interprofesional
    Salario Mínimo Interprofesional
    • O Salario Minimo Interprofesional

    CCOO esixe a regulación desde o 1 de xaneiro de todas as nóminas que xa teñen un salario inferior ao salario mínimo interprofesional (SMI) e un compromiso firme á patronal de adiantar, polo menos, todo o perdido ata o momento.