FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Folga nos centros de chamadas

    • Á folga de 24 horas o próximo 13 de maio

    CCOO e UGT fan un chamamento masivo a sumarse á súa convocatoria de folga de 24 horas para loitar polos dereitos laborais no sector de centros de chamadas

    18/04/2022.
    Folga no Contact Center

    Folga no Contact Center

    Os dous sindicatos únense nestes momentos difíciles para o sector, anunciando un calendario de mobilizacións como continuación ás accións que se iniciaron o 22 de febreiro. Á folga de 24 horas o próximo 13 de maio seguiranlle unha cada mes, ata que a patronal traia propostas asumibles polas traballadoras e traballadores.

    Nos últimos días producíronse anuncios de mobilizacións tamén por parte doutros sindicatos minoritarios, situación que provocou a patronal CEX coa súa actitude irrespectuosa coas miles de persoas que traballan nas súas empresas e que pode producir algo de desconcerto entre os cadros de persoal.

    Nestes momentos hai que deixar a un lado as diferenzas que xorden no día a día do traballo sindical, cuestión que tanto UGT como CCOO tiveron sempre clara. Entre ambos suman dous terzos da representación do sector, polo que piden aos sindicatos menos representativos que se sumen a esta iniciativa.

    Calquera sindicato está lexitimado para convocar folgas ou paros parciais, pero só a unión de todos e o apoio das compañeiras e compañeiros nos farán gañar a batalla.

    Iremos informando das datas dos paros dos meses seguintes. Para máis información, diríxete ás delegadas e delegados de UGT e CCOO na túa empresa.