FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos
    28/02/2024
    Xefatura Policía Local do Concello de Ferrol.

    A Resolución de anulación da praza da oferta de emprego do ano 2019, é do anteior Concelleiro de Seguridade e Tráfico, ditada o 15/02/22, en base ao informe do Xefe da Policía Local do Concello de Ferrol que ten a categoría de Inspector.

    06/10/2023
    Extracto da sentenza gañada polos servizos xurídicos de CCOO

    A Xustiza volve corrixir o Goberno local nunha actuación abusiva cun policía xubilado que asistiu ao xulgado por un asunto pendente da súa actividade policial e negóuselle a indemnización a que tiña dereito.

    30/06/2023
    Parabéns a todas e a todos polo bo traballo sindical!

    Os resultados referendan o labor do sindicato nos últimos catro anos e a capacidade de sumar forzas.

    28/06/2023
    EESS Concello de Sanxenxo

    Aumenta en dous delegados/as máis a súa representación no Concello de Sanxenxo e afianza o primeiro posto entre o persoal funcionario e laboral. 

    26/05/2023
    CCOO gaña as EESS na Deputación de Pontevedra

    Comisións Obreiras (CCOO) renovou a súa maioría absoluta na xunta de persoal da Deputación de Pontevedra tras a celebración o xoves das eleccións sindicais na institución provincial. Nestes comicios participou aproximadamente o 82 % das 856 funcionarias e funcionarios, distribuídos en catro mesas. A candidatura de CCOO gañou en todas as mesas e logrou 11 dos 21 delegados e delegadas que se elixían (52,38 %), seguida da UGT con sete e da CIG con tres.

    21/03/2023
    Concello de Padrón Auxiliares de Policía

    O Concello intenta compensar ou encubrir a falta de efectivos no corpo da Policía local mediante o abuso na contratación de auxiliares, asignándolles funcións que non lles corresponden.

    01/12/2022
    Concello de A Estrada

    Quedaron sen representantes a CSIF, que contaba con 4, e a CIG, que perdeu o único que tiña.

    15/11/2022
    CCOO denuncia ó Alcalde de Ourense
    • CCOO denuncia a pasividade da Inspección de Traballo ante o incumprimento reiterado.

    CCOO no Concello de Ourense ten denunciado en varias ocasións na Inspección de Traballo a situación insostible que mantén o grupo de goberno,co seu alcalde á fronte, ao non reunir o Comité de Seguridade e Saúde no ano2022, cando a lei obriga a Administración local a facelo cada tres meses.

    22/10/2022
    Eleccións sindicais Concello de Baleira

    Era a primeira vez que se fan eleccións para persoal laboral neste Concello e a delegada será de CCOO.

    22/10/2022
    Eleccións sindicais Concello de Barbadás

    É a primeira vez que CCOO logra representación entre o persoal funcionario.

    03/08/2022
    Asinado o acordo os Criterios comúns para a elaboración das convocatorias de estabilización no emprego público local en Galicia

    O Sector da Administración Local da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO, ven de asinar xunto con CIG e UXT  coa FEGAMP, os Criterios comúns para a elaboración das convocatorias de estabilización no emprego público local en Galicia (lei 20/2021).   O Sector da Administración Local FSC-G CCOO, considera que o Acordo e un bo pacto que vai servir para cumprir o obxectivo que marca a Lei 20/2021 “estabilizar o emprego precario na administración local”

    16/05/2022
    Manifestacion sanidade publica
    • A contradicción na defensa da sanidade pública cando o Concello de Vigo os servizos públicos son desmantelados

    Carta aberta da Sección Sindical de CCOO no Concello de Vigo despois dunha multitudinaria manfestación convocada por SOS Sanidade en defensa da Sanidade Pública. O Alcalde de Vigo e Presidente da Femp, Abel Caballero, participou na mobilización xunto algúns deputados autonómicos e un número importante de concelleiros do grupo municipal de goberno. "Case todos os membros desta insigne comitiva política, menos o señor alcalde, aclamaban e aplaudían entusiasticamente, en determinados momentos, a anterior consigna, ao mesmo ritmo que o facían o resto de manifestantes."

    31/03/2022
    CCOO denuncia o abandono do corpo de bombeiros de Ferrol

    Nestes case tres anos se lle estiveron a presentar propostas para a mellora do Servizo, en diferentes reunións. O Concelleiro Germán Costoya, responsable do negociado de Seguridade e Tráfico limitouse a tomar nota na sua libreta, dicindo que estaba de acordo pero máis nada.Nunca houbo resposta nin solucións ás diferentes problemáticas presentadas.

    28/03/2022
    Policia local Ferrol

    Os sindicatos CCOO e UGT, presentes no Concello de Ferrol, queren poñer encoñecemento público o xeito de levar a Policía Local por parte do seu xefe. Éste estáa aplicar criterios en contra da legalidade vixente e incluso contrarios aos acordosinternos, aplicados dende fai anos. Isto repercute na xestión do persoal, concesión dedías libres e incluso na reorganización recentemente levada a cabo, con gravesperxuizos económicos para algúns traballadores

    25/03/2022
    foro de traballo FEGAMP e sindicatos
    • O 25 de febreiro constituíuse o foro de traballo entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e os sindicatos con maior representatividade en Galicia (CCOO, UXT, CIG e CSIF)

    O 25 de febreiro, a FEGAMP e os sindicatos con maior representatividade en Galicia (CCOO, UXT, CIG e CSIF) constituíron o Foro de Traballo con motivo da reforma laboral aprobada pola Lei 20/2021, de 28 de decembro, e o seu impacto no cadro de persoal dos concellos galegos. A esta xuntanza asistiron os voceiros da Fegamp e os representantes dos ditos sindicatos. O foro tratará, entre outros temas, a estabilización do emprego e os plans de igualdade nos concellos de galicia.