FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Ampla maioría de CCOO nas eleccións sindicais no Concello da Estrada

      Quedaron sen representantes a CSIF, que contaba con 4, e a CIG, que perdeu o único que tiña.

      01/12/2022.
      Concello de A Estrada

      Concello de A Estrada

      Nas eleccións sindicais no Concello da Estrada elixíase unha xunta de persoal de cinco membros e un comité de empresa, tamén formado por outros cinco:

      • No comité de empresa, CCOO obtivo 4 representantes (2 polo colexio de técnicos e 2 polo de especialistas ) e 1 a UGT.
      • Na xunta de persoal, CCOO conseguiu 3 representantes e a UGT 2.

      A participación global na votación do persoal funcionario e laboral foi do 90 % (119 votantes dun censo de 132), con 71 votos para CCOO, 34 para a UGT e 14 votos blancos ou nulos.

      CCOO aumenta a súa representación de 4 a 7 delegados/as e a UGT, de 1 a 3 representantes.

      Tras a celebración dunhas eleccións sindicais que poden considerarse “atemporais”, pois hai máis de seis anos que se celebraron as anteriores, CCOO consegue o 70 % da representación na mesa xeral de negociación do Concello da Estrada e, polo tanto, convértese no único sindicato con capacidade para alcanzar acordos de negociación. Isto, sen dúbida, é o resultado dunha ampla confianza do persoal do Concello da Estrada en CCOO, despois dun longo conflito pola implantación da relación de postos de traballo.

      CCOO marcou como obxectivos máis inmediatos da acción sindical, os procesos de estabilización, a posta en marcha da promoción interna prevista na RPT, a modificación de aspectos concretos de determinados postos de traballo e a negociación dun novo acordo regulador e dun novo convenio colectivo, xa que o vixente é do século pasado.

      Desde CCOO felicitamos a todas as persoas que co seu traballo fixeron posible estes resultados e agradecémoslles a confianza depositada no sindicato ás que se presentaron nas nosas candidaturas así como aos traballadores e traballadoras.