FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos
    17/07/2024
    Taquillas de Renfe

    O Comité de Empresa de Renfe na Coruña, convocou folga de 4 horas o venres 19 de xullo de 12.00 a 16.00 hs. Afectará ás taquillas de Santiago de Compostela, Ferrol e A Coruña, motivada polos intolerables erros no sistema informático de venda.

    09/02/2024
    Na fotografía, unha protesta do sector Ferroviario de CCOO

    Malia todo, o persoal exento dos servizos mínimos está a secundar a folga en máis dun 80 % en Galicia.

    26/01/2024
    Folga en RENFE e ADIF

    O 30 de xaneiro, ás 12:00 horas, concentrarémonos fronte ao Congreso dosDeputados e realizaremos unha xornada de folga de 23 horas o 9 de febreiropara reivindicar o desbloqueo dos acordos que afectan a cada unha dasempresas.

    21/09/2023
    Presentación Plan de servizo ferroviario para Galicia

    Onte presentouse en Santiago de Compostela o Plan de Servizos Ferroviarios para Galicia elaborado pola Alianza Ibérica polo Ferrocarril coa colaboración do Sector Ferroviario de CCOO de Galicia, diante de público  especializado, que acolleu favorablemente o documento, e en rolda de prensa con numerosos medios de comunicación. 

    20/09/2023
    De esquerda a dereita, Gregorio Bermejo, Armando Iglesias, Pau Noy e Antón Conde

    A ruta circular uniría as sete cidades, que pola súa vez estarían unidas a outras 61 estacións e apeadoiros para os trens de proximidade e a conexión con Portugal.

    13/09/2023
    Jose Manuel Ramos, Gregorio Bermejo, Pedro Cano y Pepa Páez

    Desde o Sector ferroviario queremos agradecer ao coordinador saínte a súa dedicación e implicación e desexar a Pedro Cano un frutífero camiño nesta nova faceta sindical

    27/03/2023
    Acto ayuntamiento Valga

    O sector ferroviario de CCOO reuniuse este lúns á mañá con axentes sociais, IES, Conservatorio Superior de Música e representantes empresariais do municipio Valgués, para presentar as directrices do mapa de proximidade na súa dobre dimensión: provincial e transfronteiriza. Tamén se abordou o que, a xuízo de CCOO, supoñería que Valga contase cun apeadeiro para atender o servizo de viaxeiros, complementado coa instalación de vías, para mellorar a competitividade dos tráficos de mercadorías con orixe ou destino á importante e crecente actividade industrial, próxima ao trazado existente.

    20/02/2023
    CCOO está en contra de que Ferrolterra quede relegada dos últimos proxectos ferroviarios

    O Sector Ferroviario de CCOO de Galicia está en contra de que a comarca de Ferrol quede relegada tanto no Corredor Atlántico de Mercadorías como no Informe da Xunta sobre a recuperación e mellora dos servizos ferroviarios.

    08/11/2022
    Trens de Renfe na localidade de Ribadeo, na Mariña

    O sindicato sinaloulle a José Miñones que aínda non se recuperaron todos os servizos de ferrocarril que había antes da pandemia.

    17/10/2022
    Trens de Renfe na localidade de Ribadeo, na Mariña

    Tras non chegarse a un acordo no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA), CCOO convocou folga no Grupo Renfe para os días 28 de outubro (toda a xornada), 7 e 11 de novembro (das 6 ás 9 horas e das 18 ás 20 horas).

    22/09/2022

    Ante o incremento de agresións ao persoal ferroviario, desde CCOO facemosfincapé na necesidade de que as empresas adopten medidas de prevención eprotección para os cadros de persoal e de dar visibilidade ás condutas violentasás que se enfrontan as traballadoras e os traballadores.

    23/08/2022
    Renfe, Servicios a Bordo

    CCOO seguirá reivindicando a importancia da presenza a bordo de todos os trens do persoal de intervención en ruta para prestar un servizo de calidade ás usuarias e usuarios e colaborar para que, cando se dean situacións de emerxencia, estas se resolvan sen maiores consecuencias.

    08/03/2022
    De esquerda a dereita, Enrique Cabaleiro (alcalde Tui), Juan Gómez e Antón Conde (CCOO)
    • O sindicato defendeu ante os rexedores municipais un plan integral de necesidades de transporte que teña en conta tanto as conexións galegas como as portuguesas nas áreas fronteirizas

    O sector Ferroviario de CCOO continúa a rolda de reunións cos alcaldes e alcaldesas dos concellos próximos á liña Atlántica e do Miño para tratar a necesidade de mellorar as infraestruturas ferroviarias. Esta semana reuníronse co rexedor municipal de Tui, Enrique Cabaleiro González, e co presidente da Câmara Municipal de Valença do Minho, José Manuel Vaz Carpinteira.

    23/02/2022
    Oferta praza emprego publico renfe
    • Prazas operador comercial N2 O sector ferroviario de CCOO ofrece un curso en liña gratuíto para a afiliación.

    O sector ferroviario de CCOO ofrece un curso en liña gratuíto para afiliados e afiliadas de preparación á convocatoria de Operador Comercial N2 . O número total de prazas da convocatoria será de 375: 300 de ámbito estatal e 75 prazas para Catalunya. Para persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %, o número de prazas reservadas é de 15 no ámbito Estatal e 4 en Catalunya. O prazo de inscrición é ata o 2 de marzo (incluído).

    29/10/2021
    Concentración na estación de tren da Coruña para esixir o restablecemento dos servizos ferroviarios

    Coa escusa da crise sanitaria, Renfe aproveitou para perpetrar un novo recorte nos servizos ferroviarios en Galicia. Co alivio das restricións, só recuperou algúns.