FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO convoca folga no Grupo RENFE

      Tras non chegarse a un acordo no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA), CCOO convocou folga no Grupo Renfe para os días 28 de outubro (toda a xornada), 7 e 11 de novembro (das 6 ás 9 horas e das 18 ás 20 horas).

      17/10/2022.
      Trens de Renfe na localidade de Ribadeo, na Mariña

      Trens de Renfe na localidade de Ribadeo, na Mariña

      CCOO defende a necesidade da folga pola «falta de receptividade» da empresa ás peticións de incrementar as contratacións indefinidas e paralizar as externalizacións. Tampouco se atenderon as demandas formuladas nas distintas mesas técnicas do convenio colectivo.

      Seguen sen solución peticións como a eliminación das categorías de ingreso, o establecemento dunha carreira profesional ou un sistema retributivo específico para os centros de xestión. Tampouco se aceptou a mellora nas retribucións dalgúns mandos intermedios —que perciben un salario inferior ao do persoal que teñen ao seu cargo—, sen esquecer a problemática do persoal de fabricación e mantemento ou comercial de trens e de estacións.

      «En definitiva, como non houbo solucións, toca conflito», sinalan desde o sector Ferroviario de CCOO, que tamén convocou unha concentración estatal para o 19 de outubro, ás 12 horas, fronte ao Congreso dos Deputados.