FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Sección Sindical Intercentros de la ONCE de FSC-CCOO Galicia



    15/12/2023
    Congreso Extraordinario

    Reunida a Comisión Executiva da FSC de Galicia o día 5 de decembro de 2023 acordan aprobar o anexo específico de contido organizativo que regulará o proceso das asembleas congresuais da Sección Sindical Intercentros da Once previo a IX Conferencia Congresual da Sección Sindical Intercentros da Once Estatal. Este anexo rexerase polas normas do XII Congreso da CS, do IV Congreso de la Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO así como o Anexo Organizativo e Calendario da IX Conferencia Congresual da SSI da ONCE Estatal.O número de persoas delegadas polo territorio de Galicia que asistirán a IX Conferencia Congresual da Sección Sindical Intercentros da Once Estatal será de 1.

    03/09/2021
    Extracto da resolución da Inspección de Traballo onde notifica a acta de infracción grave á Once
    • A resolución da autoridade laboral produciuse após a denuncia presentada por CCOO

    CCOO presentou denuncias similares á de Lugo perante as Inspeccións da Coruña e de Santiago, e farao proximamente no resto de Galicia.

    04/08/2020
    Protesta contra el despido de una delegada sindical de CCOO en la ONCE en Lugo
    • O Xulgado do social numero 3 de Lugo notificou a sentencia respecto ao despedimento dunha traballadora delegada sindical de CCOO.

    O Xulgado do social numero 3 de Lugo notificou hoxe sentencia respecto ao despedimento dunha traballadora delegada sindical de CCOO.

    O xuízo celebrouse o pasado 3 de xullo e a sentenza conclúe que a contratación da traballadora estaba en fraude de lei porque con anterioridade aos seus tres contratos temporais dun ano, xa tivera varios contratos de interinidade por cobertura de vacacións.
    A Xuíza considera que non está xustificada a decisión de extinguir o seu contrato e que ha de entenderse que a súa situación laboral é indefinida xa que a súa praza responde a necesidades permanentes na empresa

     

    03/07/2020
    Concentracion traballadores ONCE
    • Xuízo polo despedimento dunha delegada deste sindicato en Lugo

    Comisións Obreiras (CCOO) segue denunciando a represión sindical na Once. Unha das vítimas destas prácticas é unha delegada de CCOO en Lugo, á que non lle renovaron o contrato malia que a empresa estaba obrigada a convertela en traballadora indefinida. Nos últimos meses, o sindicato convocou varias accións de protesta para poñer de manifesto a precariedade laboral na entidade e o silenciamento das voces críticas.

    27/05/2020
    Quiosco da Once | Fotografía de Pedro M. Martínez Corada (Wikipedia)
    • O sindicato lembra que a organización recibe múltiples beneficios e cuantiosas subvencións mentres despide persoal e precariza as condicións de traballo

    A sección sindical intercentros da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO na Once acusa a organización de precarizar as condicións de traballo e despedir persoal por realizar «poucas vendas» ao tempo que deriva os seus produtos a canles de venda complementarias, como oficinas de Correos, gasolineiras, estancos, hipermercados ou bares, sen que os traballadores e traballadoras da Once poidan abrir os seus puntos de venda

    14/02/2020
    Peche dos delegados e delegadas da ONCE na Coruña
    • A empresa castigou dous delegados sindicais por pertenceren a Comisións Obreiras

    Comisións Obreiras (CCOO) anuncia que continúan as mobilizacións contra as prácticas antisindicais da ONCE. Tras non atender a empresa as reivindicacións dos traballadores e das traballadoras, convócase unha manifestación para o sábado, 15 de febreiro, ás 11:30 horas, desde a delegación da ONCE en Lugo (Xardín de San Roque) ata a o Concello, onde se lerá un comunicado.

    14/01/2019
    ! de abril Congreso de CCOO ONCE Galicia
    • O Congreso Extraordinario da SSI da Once de Galicia terá lugar o 1 de abril

    03/10/2018
    ONCE o denudo

    O sindicato elaborou un informe no que denuncia o grave risco existente para a saúde das traballadoras e traballadores da ONCE polas condicións absolutamente precarias a que se ven sometidos e onde a saúde laboral se converteu nunha mera declaración de intencións.

    13/07/2017
    CCOO péchase na Dirección Xeral da ONCE
    • CCOO pechouse hoxe na sede da Dirección Xeral da ONCE en Madrid para expresar a súa oposición ao rumbo que está tomando a negociación do convenio colectivo de empresa, cuxa negociación encara a súa recta final esta semana

    A Comisión Executiva de CCOO na ONCE pechouse ás 12 desta mañá nos locais da Dirección Xeral, no número 24 da rúa Prado, en Madrid, moi preto do Congreso dos Deputados.

    27/01/2017
    Protestas ONCE
    • O sindicato considera preocupante os efectos da externalización sobre o emprego, sobre as retribucións económicas dos seus vendedores e vendedoras, así como sobre a propia imaxe pública da entidade.

    Este pasado xoves, 26 de xaneiro, delegadas e delegados de CCOO concentráronse en todo o estado. En Galicia fixérono na Coruña, diante das sedes dos distintos centros de traballo da ONCE, e manifestaron unha vez máis o seu rexeitamento ás políticas comerciais da entidade que, en contra da opinión que sostén a dirección da ONCE, pouco ou nada benefician o conxunto de vendedores e vendedoras.

    14/03/2016
    Santiago Mallo
    • Os días 12 e 13 de marzo celebrouse en Madrid a 7.ª Conferencia da Sección Sindical Intercentros da ONCE da FSC-CCOO

    A inauguración deste evento correu a cargo do secretario xeral da FSC-CCOO, Javier Jiménez, que fixo un balance positivo do traballo desenvolvido pola Comisión Executiva saínte e o seu secretario xeral, Roberto Abenia. Nesta conferencia participaron 50 delegadas e delegados dos distintos territorios. Sometéronse a debate tanto o informe de xestión da Comisión Executiva saínte, como o plan de traballo que será a referencia para a nova dirección da SSI.

    09/04/2014
    ONCE
    • Cando foi despedida contaba cunha antigüidade na empresa de nove anos.
    • CCOO lanza unha campaña de apoio os empregados da ONCE e contra o peche de centros e despedimentos na empresa.

    A dirección da ONCE en GALICIA (A Coruña) utiliza a contratación de traballadores traballadoras discapacitadas coas súas bonificacións e exencións á Seguridade Social para explotalos ó máximo, deixándoos na rúa despois de anos de dedicación total á venta, sacrificando os seus días de descanso e traballando máis de 10 e 12 horas diaria.

    31/05/2013
    ONCE

    Os Directivos da ONCE, están chegando a cotas de presión e/ou opresión ás súas vendedoras e vendedores, inimaxinables ata o momento, ó tempo que se enorgullecen, de ter unha organización única, e un modelo de referencia a nivel mundial.

    22/06/2012
    28 Xuño- XORNADA DE LOITA NO SECTOR PÚBLICO ESTATAL

    A esta xornada de loita están chamados os traballadores e traballadoras da Administración Xeral do Estado, Xustiza, Correos, Renfe, Portos do Estado, Sector Aéreo e demais empresas públicas estatais