FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO denuncia a represión sindical na Once

    • Xuízo polo despedimento dunha delegada deste sindicato en Lugo

    Comisións Obreiras (CCOO) segue denunciando a represión sindical na Once. Unha das vítimas destas prácticas é unha delegada de CCOO en Lugo, á que non lle renovaron o contrato malia que a empresa estaba obrigada a convertela en traballadora indefinida. Nos últimos meses, o sindicato convocou varias accións de protesta para poñer de manifesto a precariedade laboral na entidade e o silenciamento das voces críticas.

    03/07/2020.
    Concentracion traballadores ONCE

    Concentracion traballadores ONCE

    No que vai de ano, Comisións puxo en coñecemento público en diversas ocasións a precariedade laboral das vendedoras e vendedores do cupón, que padecen unha elevada temporalidade. Tamén, que a empresa continúa derivando a venda de produtos a canles complementarias —como oficinas de Correos—, ao tempo que despide persoal por non chegar ás vendas mínimas fixadas.

    Este venres ten lugar o xuízo polo despedimento da delegada sindical. Por esta razón, o sindicato convocou unha concentración para amosarlle o seu apoio. Nela participaron, entre outros, o secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, o secretario de Acción Sindical, Roi Fernández, o secretario xeral da FSC-CCOO, José Manuel Ramos, e o responsable da sección sindical estatal, Raúl López.