FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO, xunto coa UGT, convocan unha nova XORNADA DE LOITA, desta volta o vindeiro 28 de xuño e enmarcada no Sector Público Estatal

      A esta xornada de loita están chamados os traballadores e traballadoras da Administración Xeral do Estado, Xustiza, Correos, Renfe, Portos do Estado, Sector Aéreo e demais empresas públicas estatais

      22/06/2012.
      28 Xuño- XORNADA DE LOITA NO SECTOR PÚBLICO ESTATAL

      28 Xuño- XORNADA DE LOITA NO SECTOR PÚBLICO ESTATAL

      Actualmente CCOO e UGT atopámonos na necesidade de continuar denunciado e trasladando á opinión pública, o grave deterioro do estado de benestar, posto en risco a través do desmantelamento sistemático e sin límite do Sector Público Estatal.

      A política levada a cabo dende a UE a través do goberno, baséase en medidas contrarias á esencia do público. Non so o enorme recorte orzamentario executado por este goberno a través do Orzamentos Xerais do Estado (entre o 12% e o 24% menos de orzamento para este ano 2012 en ministerios, empresas públicas e outros organismos públicos con participación pública) senón que a esto súmanse as leis de estabilidade orzamentaria, ordenadas dende a UE a través do principio de contención do gasto público, que poidan chegar a obrigar ao peche de empresas e organismos públicos ante a falta de dotación orzamentaria e a prohibición expresa da existencia de pérdidas nas AAPP.

      Todo esto supón un brusco cambio de rumbo na conformación do noso estado do benestar e da nosa propia Constitución: ata agora a principal misión do Sector Público Estatal era a prestación do servizo á cidadanía, velando pola igualdade e a cohesión territorial na sociedade española a través do servizo público.

      Agora, so se esixe ao Sector Público que sexa rendible económicamente. Pero nin siquera a rendabilidade asegurará a supervivencia do Sector Público pois a chave desta a ten o Goberno: so con non dotar orzamentariamente a unha empresa pública ou organismo dictamínase a súa desaparición en pro do seu paso a mans privadas a través de adxudicacións e concursos.

      Dende CCOO e UGT cremos necesario que a cidadanía sexa consciente do roubo ao estado do benestar español e a os dereitos cidadáns que supoñen estas privatizacións e externalizacións, pois os servizos públicos dende a súa conformación a comenzos do período democrático ata este momento, configurouse e financiouse a través dos impostos que pagamos todos os cidadáns e cidadás, co que cada vez que privatizan un servizo público, é como si nos roubaran parte do noso patrimonio cidadán: o noso estado de benestar.

      Dende as organizacións sindicais queremos poñer de relieve a fráxil situación do conxunto do Sector Público Estatal no que, á precariedade no emprego, únense medidas impostas polo Goberno, como o incremento da xornada no conxunto do sector, que busca alixeirar plantillas á par que precariza aínda mais o emprego fixo.

      Por outra banda, é unha realidade que actualmente ante os continuos recortes, o persoal laboral do conxunto do sector síntese acosado debido aunha Reforma Laboral que facilita o despedimento ante calquera situación sin dar opción a outras solucións

      mais flexibles en materia de emprego que sí permiten se, en cambio, en ámbitos privados, supondo unha manifesta discriminación dos empregados públicos.

      Está claro que si todo esto sucedeu ata aquí, a cidadanía debe ser conscientes de que o recente rescate das institucións financieiras españolas acarreará novos recortes (xa os anuncia o FMI) dirixidos contra o público, pois parece que é o único xeito que atopan para sufragar unha crise provocada polos desmáns políticos e financieiros. Aos cidadáns e cidadáns se lles esixirá novamente que contribúan, cedendo os seus dereitos aos servizos públicos e aboando taxas e maiores impostos por un estado de benestar cada vez mais reducido e de peor calidade.

      Estas políticas deben ter unha resposta continuada e contundente dos traballadores e traballadoras e de toda a cidadanía no seu conxunto, por esto CCOO e UGT convocamos para o xoves 28 de xuño unha nova XORNADA DE LOITA, esta vez desenvolverase no conxunto do Sector Público Estatal na que expresar o noso común rexeitamento á actual situación, a necesidade dun cambio de rumbo e a reivindicación do noso estado de benestar e a estabilidade do emprego público.

                        

      CCOO e UGT queremos a través desta xornada:

      DEFENDER OS SERVIZOS PÚBLICOS ASÍ COMO TODOS OS SECTORES PÚBLICOS DIGNIFICAR ÁS EMPREGADAS E EMPREGADOS PÚBLICOS E ÁS EMPRESAS PÚBLICAS DENUNCIAR OS DEPEDIMENTOS E IMPAGOS DAS ADMÓNS. PÚBLICAS DEFENDER A NEGOCIACIÓN COLECTIVA E OS SEUS CONVENIOS E ACORDOS LOITAR CONTRA A REFORMA LABORAL E OS RECORTES SOCIAIS DEFENDER O PAPEL DOS SERVIZOS PÚBLICOS NA IGUALDADE E A COHESIÓN DA SOCIEDADE AGORA É O MOMENTO DE DICIR ¡BASTA!

       MAÑÁ SERÁ TARDE