FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO denuncia o despedimento inxustificado dunha vendedora da ONCE

    • Cando foi despedida contaba cunha antigüidade na empresa de nove anos.
    • CCOO lanza unha campaña de apoio os empregados da ONCE e contra o peche de centros e despedimentos na empresa.

    A dirección da ONCE en GALICIA (A Coruña) utiliza a contratación de traballadores traballadoras discapacitadas coas súas bonificacións e exencións á Seguridade Social para explotalos ó máximo, deixándoos na rúa despois de anos de dedicación total á venta, sacrificando os seus días de descanso e traballando máis de 10 e 12 horas diaria.

    09/04/2014.
    ONCE

    ONCE

    Concretamente, a dirección da ONCE en Galicia despediu o pasado mes de xaneiro, a unha traballadora discapacitada (BEATRIZ MARTÍNEZ CASTRO) despois de estar vendendo os produtos da ONCE durante nove anos cunha dedicación total á venta, sacrificando os seus días de descanso, con horarios de 10 e 12 horas diarias e cambiando continuamente de punto de venta, en función das indicacións dos responsables do departamento de Xogo da Delegación Territorial.
    Xa se presentou a denuncia correspondente, abrindo ademais unha serie de frontes coa finalidade de obrigar á dirección da ONCE a reflexionar sobre este tipo de política empresarial ó tempo que forzar unha rectificación sobre este caso.

    As accións levadas adiante pasan pola denuncia  nos medios, a remisión de escritos ós portavoces dos grupos políticos do Parlamento de Galicia, o Consello Protectorado da ONCE e ó Valedor do Pobo.