FSC-CCOO Galicia | 3 Decembro 2024.

AGORA SI TOCA
  • Menú Documentos

    CCOO denuncia a precariedade das condicións laborais na ONCE

      O sindicato elaborou un informe no que denuncia o grave risco existente para a saúde das traballadoras e traballadores da ONCE polas condicións absolutamente precarias a que se ven sometidos e onde a saúde laboral se converteu nunha mera declaración de intencións.

      03/10/2018.
      ONCE o denudo

      ONCE o denudo

      O sindicato denuncia que a precariedade é un elemento determinante nas condicións de traballo das persoas con discapacidade da ONCE. Segundo as Contas Anuais ONCE 2017, o cadro de persoal está formado por 23.049 persoas, das cales o 88 % presentan discapacidade. Este cadro diminuíu no ano 2017 en 256 efectivos xa que no 2016 era de 23.305.
      O colectivo de vendedores e vendedoras conseguiu ingresos da venda de xogo en 2017 por valor de 1835 millóns de euros, aproximadamente 94.000 euros por vendedor ou vendedora. Segundo o propio convenio, as traballadoras e traballadores deben cubrir uns obxectivos para ter un soldo base. O persoal fixo require facturar polo menos 210 euros diarios para acceder ao cobramento de comisións e, para que alguén de nova incorporación alcance un contrato indefinido ha chegar aos 1500 euros semanais, é dicir, 450 euros máis ca os fixos e cun 30 % menos de soldo. Ao final, estas esixencias levan a xornadas intensivas durante todos os días da semana, cunha enorme prevalencia de riscos psicosociais.
      En distintos ámbitos territoriais, as seccións sindicais de CCOO na ONCE acudiron á Inspección de Traballo para denunciar, entre outras cuestións, a prolongación de xornada ou a ausencia de descansos para conseguir o mínimo de vendas. Desde CCOO constatamos que a Inspección de Traballo remitiu varios ditames desfavorables para a ONCE en relación coa súa tolerancia á venda en días festivos, á vulneración dos dereitos dos traballadores e traballadoras, así como á consecuente competencia desleal que se xera entre estes, e á práctica de combater a baixa rendibilidade mediante o expediente disciplinario e a non renovación de contratos.
      «Obrígase o persoal vendedor a realizar as súas competencias polas chamadas "zonas de influencia", traballando sobre espazos que non teñen en conta a súa discapacidade e que, polo tanto, o pon nunha situación de perigo, o que supón unha clara vulneración da Lei de prevención de riscos laborais, que establece unha protección especial para o persoal traballador con algún tipo de discapacidade», denuncia o sindicato.
      Baixada de soldos