FSC-CCOO Galicia | 12 Outubro 2026.

  • Men煤 Documentos

    A FSC-CCOO acusa a Once de despedir persoal ao tempo que deriva os seus produtos a outras canles de venda

    • O sindicato lembra que a organizaci贸n recibe m煤ltiples beneficios e cuantiosas subvenci贸ns mentres despide persoal e precariza as condici贸ns de traballo

    A sección sindical intercentros da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO na Once acusa a organización de precarizar as condicións de traballo e despedir persoal por realizar «poucas vendas» ao tempo que deriva os seus produtos a canles de venda complementarias, como oficinas de Correos, gasolineiras, estancos, hipermercados ou bares, sen que os traballadores e traballadoras da Once poidan abrir os seus puntos de venda

    27/05/2020.
    Quiosco da Once | Fotograf铆a de Pedro M. Mart铆nez Corada (Wikipedia)

    Quiosco da Once | Fotograf铆a de Pedro M. Mart铆nez Corada (Wikipedia)

    O sindicato pide a intervención das Administracións públicas, xa que a Once obtén pingües beneficios e recibe cuantiosas subvencións polo seu labor social, «pero o certo é que se está lucrando das persoas con discapacidade».
    Para a FSC-CCOO, esta situación é aínda máis reprobable «nos tempos incertos que nos toca vivir por mor da COVID-19». Por esta razón, o sindicato esixe a fin da externalización da venda, pois entende que priva o persoal da organización de parte do seu traballo e vai en contra da finalidade social da entidade.