FSC-CCOO Galicia | 3 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    En Galicia repítese o guión do resto do estado nas eleccións sindicais da ONCE

      20/02/2013.
      Eleccións na ONCE

      Eleccións na ONCE

      Nas eleccións sindicais celebradas onte na ONCE repetiuse o guión habitual nesa organización na que, cada catro anos, a conxunción xerárquica e subordinada da dirección co seu sindicato UTO-UGT secuestra a libre elección, obstaculizando e minimizando a presenza e concorrencia electoral de CCOO.

      CCOO obtivo uns resultados en Galicia inferiores no número de delegados e porcentaxe ós de fai catro anos, o que supón un obstáculo adicional a superar no traballo cotián do sindicato, xa de por sí complexo na entidade.

      CCOO agradece, non obstante, o apoio e esforzo realizado polo conxunto da afiliación e amigos que demostraron con creces o seu compromiso coas reivindicacións das plantillas, cos que o sindicato selou unha alianza de traballo para a mellor defensa dos dereitos laborais, sociais e económicos dos traballadores e traballadoras da ONCE.

      CCOO, desde a representación obtida, a partires de xa, fará todo o que sexa necesario para cumprir co seu compromiso electoral e social, manténdose na liña de defensa da identidade do sindicato  como instrumento máis necesario se cabe, nestes momentos.