FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO convoca o sábado unha manifestación en Lugo para denunciar as prácticas antisindicais da ONCE

    • A empresa castigou dous delegados sindicais por pertenceren a Comisións Obreiras

    Comisións Obreiras (CCOO) anuncia que continúan as mobilizacións contra as prácticas antisindicais da ONCE. Tras non atender a empresa as reivindicacións dos traballadores e das traballadoras, convócase unha manifestación para o sábado, 15 de febreiro, ás 11:30 horas, desde a delegación da ONCE en Lugo (Xardín de San Roque) ata a o Concello, onde se lerá un comunicado.

    14/02/2020.
    Peche dos delegados e delegadas da ONCE na Coruña

    Peche dos delegados e delegadas da ONCE na Coruña


    O sindicato denuncia que Begoña, delegada de Lugo, e Ángel, delegado de Pontevedra, foron castigados pola empresa por pertenceren a CCOO. Á compañeira non lle renovaron o contrato, malia que, segundo o convenio, debería pasar a ser persoal fixo. No caso do compañeiro, ademais de traballador é afiliado á ONCE ?só o poden ser os cegos totais ou case totais? e tiña dereito, por convenio, a postos de non mobilidade, pero foille rexeitado, véndose na obriga de repartir nunha ruta de trinta quilómetros para a cal precisa de axuda externa.
    Xa o pasado 17 de xaneiro houbo outra protesta convocada por CCOO, neste caso na Coruña, que consistiu no peche na dirección territorial da ONCE e nunha concentración no día seguinte.
    Estabilidade na venda do cupón
    Ademais de denunciar as prácticas antisindicais, CCOO tamén quere reivindicar a estabilidade laboral dos vendedores e vendedoras do cupón. Segundo o sindicato, a ONCE, a pesar de ter un aumento da venda dos seus produtos nos últimos catro anos ?395 millóns en todo o estado?, gozar dunha exención da cota patronal da Seguridade Social e outros beneficios asociados á contratación, está a diminuír o seu cadro de persoal fixo e abusa da temporalidade. Así mesmo, non está a reconverter en indefinidas persoas con grandes discapacidades que non poden exercer outro traballo máis que a venda deste produto.