FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Declarado nulo o despedimento da Delegada Sindical de CCOO en Lugo.

    • O Xulgado do social numero 3 de Lugo notificou a sentencia respecto ao despedimento dunha traballadora delegada sindical de CCOO.

    O Xulgado do social numero 3 de Lugo notificou hoxe sentencia respecto ao despedimento dunha traballadora delegada sindical de CCOO.

    O xuízo celebrouse o pasado 3 de xullo e a sentenza conclúe que a contratación da traballadora estaba en fraude de lei porque con anterioridade aos seus tres contratos temporais dun ano, xa tivera varios contratos de interinidade por cobertura de vacacións.
    A Xuíza considera que non está xustificada a decisión de extinguir o seu contrato e que ha de entenderse que a súa situación laboral é indefinida xa que a súa praza responde a necesidades permanentes na empresa

     

    04/08/2020.
    Protesta contra el despido de una delegada sindical de CCOO en la ONCE en Lugo

    Protesta contra el despido de una delegada sindical de CCOO en la ONCE en Lugo

    A sentenza aborda os indicios que se poñían de relevo na demanda para acreditar que a decisión se había tomado pola implicación da compañeira como Delegada Sindical de CCOO e a súa participación en procesos electorais.

    Concrétanse como Feitos probados que xa existían Resolucións Xudiciais anteriores en Lugo que acreditaban que o Xestor Comercial, Secretario de UTO e Presidente do Comité de Empresa participara en incoar expedientes disciplinarios e modificacións de condicións de traballo inxustificadas a compañeiros e compañeiras ao darse de baixa en UTO e afiliarse a CCOO. A imparcialidade na defensa dos intereses dos traballadores e traballadoras nas empresas pasa pola independencia e autonomía das sindicatos respecto a a Empresa.

    Identifícase tamén a existencia dun grupo de whatsapp compartido entre Persoal da Empresa e o Xestor, onde se vertían acusacións contra a devandita compañeira.

    Apúntanse como antecedentes da conduta antisindical da Empresa, sentenzas onde se anula un traslado forzoso por persecución político-sindical a un compañeiro do noso sindicato en Madrid e unha resolución de Inspección de Traballo que habilitaba a apertura de procedemento de acoso laboral por persecución da Dirección a un compañeiro, tras a participación da súa parella nas nosas candidaturas.

    O vindeiro martes a compañeira volve á Venda. A sentenza, ao decretar a nulidade, dálle a ela a opción de cobrar indemnización e deixar a ONCE ou, como é a por ela elixida, incorporarse a persoal, cobrar os salarios de tramitación e unha indemnización de 6.251 euros por danos.

    A sentenza pódese recorrer pero é executiva.

    Hoxe, a Xustiza móstranos ao colectivo da ONCE que recorrer, demandar e defender os nosos dereitos sempre vale a pena. Quen perde de antemán é quen se retira, non reclama nin demanda.

    Con CCOO dobrar o brazo da Dirección e anular decisións inxustas, sempre é posible.

    # ActuarEsEsencial
    # OtroModeloEsNecesario