FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Santiago Mallo, elixido secretario xeral da SSI da ONCE

    • Os días 12 e 13 de marzo celebrouse en Madrid a 7.ª Conferencia da Sección Sindical Intercentros da ONCE da FSC-CCOO

    A inauguración deste evento correu a cargo do secretario xeral da FSC-CCOO, Javier Jiménez, que fixo un balance positivo do traballo desenvolvido pola Comisión Executiva saínte e o seu secretario xeral, Roberto Abenia. Nesta conferencia participaron 50 delegadas e delegados dos distintos territorios. Sometéronse a debate tanto o informe de xestión da Comisión Executiva saínte, como o plan de traballo que será a referencia para a nova dirección da SSI.

    14/03/2016.
    Santiago Mallo

    Santiago Mallo

    Para a elección dos órganos de dirección presentáronse dúas candidaturas á Secretaría xeral: M.ª José Romero Chiara e Santiago Mallo Fuentes. Igualmente, presentáronse dúas candidaturas á Comisión Executiva encabezadas respectivamente por cada unha das persoas candidatas á Secretaría xeral.

    Tras as votacións resultou elixido secretario xeral Santiago Mallo Fuentes, que traballa como vendedor do cupón adscrito á Axencia da ONCE de Santiago de Compostela, cunha dilatada traxectoria en Comisións Obreiras e na entidade das persoas cegas españolas, da que é afiliado desde os 9 anos de idade.

    A nova Comisión Executiva queda composta por nove persoas, seis da lista encabezada por Santiago Mallo e tres persoas da candidatura de M.ª José Romero. A nova dirección do sindicato na ONCE ten, como reto inmediato, preparar as eleccións sindicais que se celebrarán seguramente en febreiro do 2017.