FSC-CCOO Galicia | 4 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Pedro Cano, novo coordinador do Sector Ferroviario de CCOO de Galicia

      Desde o Sector ferroviario queremos agradecer ao coordinador saínte a súa dedicación e implicación e desexar a Pedro Cano un frutífero camiño nesta nova faceta sindical

      13/09/2023.
      Gregorio Bermejo y Pepa Páez

      Gregorio Bermejo y Pepa Páez

      Jose Manuel Ramos, Secretario xeral de FSC-CCOO Galicia, asistiu ao plenario do Sector Ferroviario de Galicia para despedir ao secretario xeral saínte, Gregorio Bermejo e dar a benvida ao novo responsable do sector, Pedro Cano. Pola FSC Galicia tamén asistiron José Cazón y Fernando Fernández, secretarios de finanzas e comunicación, repectivamente, e Oscar Rodríguez, secretario da FSC de Ourense.

      Jose Manuel Ramos agradeceu a Gregorio o traballo realizado en diferentes actividades dentro de CCOO e especialmente nestes últimos anos á fronte do sector ferroviario de Galicia. Tamén desexo moita sorte no labor encomendado polos delegados e delegadas asistentes a Pedro Cano e puxo á súa disposición á Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia para sumar forzas nos retos de futuro no que se enfronta o sector.

      No plenario internino Pepa Páez e expuxo a importancia do sector ferroviario, do mesmo xeito que do resto de medios de transporte, como unha actividade dunha enorme e crecente relevancia estratéxica para a industria, o comercio e a mobilidade das persoas, expoñendo os retos que como sector estatal e, tamén, a nivel territorial, exponse a nosa organización. “Seguiremos buscando espazos de interlocución para continuar facendo propostas e defendendo o investimento público en ferrocarril, non só na construción de liñas de alta velocidade senón en ferrocarril convencional, rexional, metropolitano e de proximidade, fomentando a intermodalidad dos diferentes medios de transporte público, apostando polo liderado do ferrocarril na transformación do sistema de transportes, na loita contra o cambio climático”

      A Secretaria xeral, tamén agradeceu ao coordinador saínte a súa dedicación e implicación no exercicio das súas responsabilidades e puxo en valor os pasos que desde hai anos están a darse no territorio no proceso de feminización e rexuvenecemento do sindicato. “En Galicia estades a dar pasos nesa tarefa que nos propuxemos hai xa varios anos de feminizar e rexuvenecer a nosa organización, é verdade, que cada vez, en espazos como este, vemos máis novos e máis mulleres, pero é imprescindible seguir avanzando nese camiño porque enriquece o noso sindicato con visións moi diversas e formas de facer diferentes” concluíu Pepa Páez.