FSC-CCOO Galicia | 4 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Erradiquemos as agresións ao persoal ferroviario!

      Ante o incremento de agresións ao persoal ferroviario, desde CCOO facemosfincapé na necesidade de que as empresas adopten medidas de prevención eprotección para os cadros de persoal e de dar visibilidade ás condutas violentasás que se enfrontan as traballadoras e os traballadores.

      22/09/2022.

      URL | Código para insertar

      Stop Agresiones al personal ferroviario.

      Stop Agresiones al personal ferroviario.

      En numerosas ocasións, a mala xestión e a precarización dos servizos que as empresas ou aAdministración aplican desembocan en reaccións violentas dirixidas ao persoal ferroviario. Asupresión de servizos, os atrasos e as anomalías, unidos á desinformación que teñen astraballadoras e os traballadores e as persoas usuarias cando estes feitos se producen, xeranviolencia contra o persoal que traballa de cara ao público. Non obstante, o propio desempeñodas súas funcións laborais velando pola seguridade, o benestar e o bo uso de espazoscompartidos por viaxeiros e viaxeiras supón en si un risco de sufrir condutas violentas, físicas ouverbais, ameazantes, intimidatorias e abusivas.Por iso instamos as empresas do ámbito ferroviario a que implanten medidas de prevención eprotección para o seu persoal, algo ao que están obrigadas por lei, ao tempo que pedimos aopersoal ferroviario afectado por esta problemática que denuncie.A evolución do número de agresións no sector ferroviario durante os últimos anos épreocupante. Se ben é certo que, debido ás restricións de mobilidade impostas polapandemia, os datos minguaron con respecto a anos anteriores, as cifras de agresións quereciben as persoas traballadoras seguen a ser alarmantes. No caso de Renfe Viaxeiros, osaccidentes causados por agresións físicas e verbais durante o período de xaneiro anovembro de 2021 son 21, dos cales 15 desembocaron en baixa laboral.En Metro Madrid obsérvase un incremento con respecto a 2020, xa que os accidentes poragresións subiron de 16 a 30, e o total de agresións notificadas á empresa pasou de 108 no2020 a 146 no 2021. Debullando os datos, percíbese un aumento do 21 % de agresións físicas eun 2 % de ameazas a vixilantes de seguridade, e un incremento do 89 % de agresións físicas eun 9 % de ameazas verbais a persoal de Metro de Madrid.En Euskotren notificáronse 168 agresións ao longo do 2021, situacións similares serepiten noutras empresas ferroviarias: Adif, Metro Barcelona, Metro Bilbao, Metro Málaga,FGC, Logirail, contratas… e, por desgraza, moi asiduamente.Así, durante este verán tivemos que lamentar varias agresións ao persoal ferroviario mentresdesempeñaba as súas funcións. O colectivo de interventores sufriu boa parte delas: desdepuñadas en Asturias a agresións con tesoiras de gran tamaño; pasaron polo hospital ao verseagredidos co martelo de seguridade e arma branca en Valladolid, ou logo de reducir a agresoracatro ertzainas en Bizkaia.Xunto ao colectivo de intervención, o persoal de despacho de billetes e de estacións é o máisafectado polas vexacións e agresións verbais.

      2Federación de Servicios a la Ciudadanía de CCOOC/ Fernández de la Hoz, 21, 1ª plantaTeléfono: 91 757 22 99. Fax: 91 548 16 1328010 Madridprensa@fsc.ccoo.es · www.fsc.ccoo.esE todo isto tendo en conta que constatamos que en numerosas ocasións non se producedenuncia, especialmente nos casos de agresións verbais e ameazas, o que fai que as cifras queofrecemos, sendo significativas, estean lonxe da realidade que padecen as traballadoras etraballadores do sector Ferroviario. Por iso instamos o persoal a denunciar, para que así sepoida estimar a verdadeira magnitude deste problema. Esa visibilización contribuirá a erradicaras condutas abusivas das que son vítimas, porque como sindicato axudaranos a facer aíndamáis presión para que se poñan en marcha medidas efectivas de protección do persoal.Desde CCOO, facemos un chamamento á cidadanía para que se informe, esixa e reclame, perotamén para que encarreire adecuadamente a súa indignación ou frustración, e que entenda quea cara do servizo case nunca é responsable das situacións que sofre pola falta de investimento,previsión, planificación e xestión por parte de políticos e empresarios. Á vez, esiximos medidasde prevención e protección ás empresas, e que cumpran os protocolos contra agresiónsexternas negociados coa representación das persoas traballadoras (RLPT), pois non é tolerableque estea en risco a integridade física e moral dos ferroviarios e ferroviarias por cumpriren coseu traballo. E, por último, demandamos que se lles recoñeza ás categorías profesionaisdo ámbito ferroviario que son vítimas deste tipo de actos como «axentes da autoridade»,como o fixeron nos sectores da educación e a sanidade; e que se realice unha campañaestatal de sensibilización sobre as agresións ás traballadoras e traballadores.