FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO gaña as eleccións sindicais do persoal funcionario no Concello de Santiago

      Os resultados referendan o labor do sindicato nos últimos catro anos e a capacidade de sumar forzas.

      30/06/2023.
      Parabéns a todas e a todos polo bo traballo sindical!

      Parabéns a todas e a todos polo bo traballo sindical!

      Comisións Obreiras gañou as eleccións sindicais entre o persoal funcionario do Concello de Santiago. Nas votacións, que tiveron lugar onte, a candidatura presentada por esta organización conseguiu seis representantes dos trece posibles. 

      Estaban chamados ás urnas 490 funcionarios/as para elixir unha xunta de persoal formada por trece delegados/as. CCOO triplica a súa representación, pasando de dous a seis delegados/as; a CIG foi segundo con catro e a UGT terceiro, con tres.

      Con estes resultados rómpese coas maiorías que viña obtendo a CIG no Concello de Santiago e apóstase por un sindicato máis representativo e autónomo, disposto a integrar a maioría do persoal que traballa no Concello.

      A Federación de Servizos á Cidadanía agradece a confianza depositada nesta candidatura e corresponderá a ela «con traballo e compromiso incondicional na defensa dos dereitos e condicións laborais dos traballadores e traballadoras do Concello de Santiago».

      A FSC-CCOO agarda que a nova etapa se caracterice polo «diálogo e a negociación fluída» a prol da mellora dos servizos públicos, especialmente para regular «situacións inxustas».

      Parabéns a todas e todos polo bo traballo sindical!!!